| Contexto de uso: | Son múltiples os factores que determinan as diferencias en canto a diversidade entre distintas áreas e ecosistemas: esta é a parte do que estudia a bioxeografía. Un primeiro factor ten que ver coa evolución; de todos é coñecido que as especies non son inmutábeis senón que cambian co tempo, extínguense e aparecen outras novas; pois ben, aquelas áreas do planeta que levan millóns de anos sen sufriren cambios climáticos importantes pero con pequenas perturbacións constantes que diversifican a estructura dos ecosistemas ofrecen a oportunidade de que a evolución actúe diferenciando ás distintas poboación que compoñen as especies, é o que ocorre nas áreas tropicais e de xeito especial nas grandes áreas selváticas do planeta. [A224] |