| Contexto de uso: | Unha das actuacións máis ambiciosas que se puxeron en marcha no seo da Unión Europea para a aplicación do principio de prevención no funcionamento das instalacións industriais máis contaminantes foi a aprobación da Directiva 96/61/CE, do Consello, do 24 de setembro, relativa á prevención e ó control integrado da contaminación, mediante a que se establecen medidas para evitar, ou polo menos reducir, as emisións destas actividades na atmosfera, a auga e o solo, incluídos os residuos para alcanzar un nivel elevado de protección do ambiente considerado no seu conxunto. [A1022] |