| Contexto de uso: | O Just in Time (JIT) consiste nun _sistema de fabricación con reducidos stocks que permite fabrica-lo que se precisa, no momento en que se necesita e na cantidade requirida_ (Conca, 1995, p. 48), consecuentemente, como indican Barefield e Young (1988, p. 14) a aplicación do JIT fai que cada paso do proceso de producción, dende a compra ata a entrega dos productos rematados, sexa completado xusto antes de que o seguinte precise o resultado do anterior, conseguíndose así unha reducción do investimento en inventarios e dos almacéns para tales existencias, aínda que sen estar exento por completo de risco; así Meigs e Meigs (1990) citan que o atraso na chegada dos materiais pode producir unha parada no proceso productivo. [E143] |