logo sli
Aquén
Toponimia galega


Aquén (http://sli.uvigo.gal/toponimia) é unha ferramenta de divulgación e consulta desenvolvida no Seminario de Lingüística Informática que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais das 53 comarcas, 313 concellos, 3.783 parroquias e 37.293 lugares de Galiza, tal como están estabelecidos na lexislación vixente de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia.

As pescudas en Aquén permiten localizar os topónimos que conteñan total ou parcialmente a secuencia de letras buscada. Tamén se poden procurar topónimos especificando unha secuencia de letras inicial ou final. Calcando na icona (Google Maps) que aparece na táboa de resultados diante de cada topónimo, pódese comprobar a información cartográfica ofrecida por Google Maps. Calcando na transcrición fonética dun topónimo pódese escoitar a súa pronuncia. Tanto as trascricións fonéticas como as locucións dos topónimos están tiradas do Dicionario da pronuncia da lingua galega.

Topónimos por frecuencia (Nube de lugares)

A visualización gráfica en Aquén da frecuencia dos topónimos de lugares mediante unha nube de datos reutiliza parcialmente código aberto orixinal de Berto Yáñez. As nubes de datos son representacións visuais da información que usan o tamaño da letra para representar o número de veces que aparece cada elemento. Na nube de lugares xerada, o tamaño dun topónimo representa a súa frecuencia. Os topónimos máis frecuentes aparecen con letras máis grandes, e os topónimos menos frecuentes, con letras máis pequenas.

As pescudas na nube de lugares de Aquén permiten visualizar os topónimos de lugar que conteñan total ou parcialmente a cadea buscada. Así, a busca da cadea gal como nome de lugar, sen límite de aparicións, permitiría visualizar unha nube de datos cos lugares de "Galegos", "Augalevada" ou "O Pedregal", entre moitos outros que conteñen esta secuencia de letras.



Para ver unha nube de datos con todos os lugares que superen unha determinada frecuencia, seleccione a cantidade mínima de aparicións e deixe en branco a cela para o lugar. Por exemplo, para ver unha nube de datos dos topónimos de lugar que se dan máis de 100 veces, seleccione esta cantidade en "Número de aparicións" e deixe en branco a cela do lugar, deste xeito:



Pasando o punteiro do rato por riba dun topónimo pódese saber cantos lugares hai en Galiza con ese nome exacto. Calcando nun topónimo, pódese consultar a información dispoñíbel no nomenclátor oficial de topónimos de Galiza recompilado en Aquén.

Lexislación vixente

Decretos publicados no DOG que recollen a toponimia oficial galega:
A base de datos de Aquén baséase no Nomenclátor da Xunta de Galiza elaborado a partir da lexislación vixente.

Mapas

Os mapas enlazados por Aquén pertencen ao servizo de cartografía en liña de Google Maps e de OpenStreetMap.


Máis información RILG Máis recursos lingüísticos

Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG, Universidade de Vigo, 2007-2017
Deseño e programación: Xavier Gómez Guinovart & Miguel Solla
Powered by Debian Powered by Apache Powered by PHP Powered by MySQL