Condicións de uso
1. O uso das ferramentas implica a aceptación de todas e cada unha das condicións aquí indicadas.
2. A propiedade intelectual do deseño das ferramentas e a manipulación dos datos pertence á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ao Instituto da Lingua Galega (ILG).
3. As ferramentas e os datos poden ser consultados para a difusión, docencia, investigación e uso particular. Está expresamente prohibido usalos con fins de lucro sen permiso expreso e por escrito da investigadora principal do proxecto.
4. O uso das ferramentas implica citalas adecuadamente, de acordo co uso científico.
As nosas ferramentas utilizan datos de diferentes proxectos:
Domínguez Vázquez, María José & Valcárcel Riveiro, Carlos (2020): “PORTLEX as a multilingual and cross-lingual online dictionary”, en Domínguez Vázquez, María José & Mirazo Balsa, Mónica & Valcárcel Riveiro, Carlos (eds.): Studies on multilingual lexicography. Berlin: De Gruyter, 135-158.
Gómez Guinovart, X. (2011): “Galnet: WordNet 3.0 do galego”. Linguamática, 3(1), 61-67.
Simões, A. / Gómez Guinovart, X. (2014):. Bootstrapping a portuguese wordnet from galician, spanish and english wordnets”, en Advances in Speech and Language Technologies for Iberian Languages, 8854:239--248.
Gonzalez-Agirre, A. / Laparra, E. / Rigau, G.: “Multilingual Central Repository version 3.0: upgrading a very large lexical knowledge base”, en Proceedings of the Sixth International Global WordNet Conference (GWC’12). Matsue, Japan. January, 2012.
5. O equipo fica exento de calquera responsabilidade polos danos ou prexuízos que puidese ocasionar o uso das ferramentas. Tampouco é responsábel das consecuencias que puidesen derivar dos erros contidos nos datos na súa orixe ou codificación.
XeraWord é unha ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e portugués, baseada na tradución automática de léxico extraído de WordNet. Para o desenvolvemento deste simulador foron deseñados ad hoc unha ferramenta de tradución do caudal léxico paradigmático a partir dos datos extraídos de xeito automático do Wordnet - TraduWord - e un Flexionador nominal .
O prototipo recorre á integración de datos lingüísticos e á interoperabilidade entre recursos xa existentes. Como prototipo xera datos para 5 substantivos en galego e portugués, en concreto: gl. aumento | pt. aumento, gl. discusión | pt. discussão, gl. fuxida | pt. fuga, gl. olor | pt. cheiro e gl. presenza | pt. presença.
A súa escolla xustifícase polo seu papel de representantes de diferentes escenas cognitivas ou campos semánticos. Este prototipo asenta as bases para o futuro desenvolvemento de ferramentas de xeración argumental máis complexas e vén confirmar a viabilidade da metodoloxía aplicada.
A ampliación das unidades analizadas polo xerador permitirá o seu uso por parte de estudantes de galego e portugués como linguas estranxeiras ou segundas linguas. No seu estado actual, XeraWord presenta unha metodoloxía de análise que pode ser extrapolada a outras linguas e recursos. Por tanto, considérase o grupo investigador como grupo de interese.
A consulta de datos realízase mediante un menú despregábel: unha vez seleccionada a lingua e o substantivo, o acceso aos datos é de carácter onomasiolóxico, de modo que podemos obter información sobre as diferentes realizacións argumentais dunha categoría ontolóxica, como, por exemplo, [humano], [lugar] ou [evento]. Realizada a escolla, o recurso mostra as diferentes realizacións da categoría semántica. Aplicando a selección e premendo en xerar frases, a ferramenta xera datos de combinatoria simple argumental.
Os datos poden ser descargados en formato CSV e JSON. Isto permite a súa integración e reutilización noutros recursos (véxase condicións de uso).
María José Domínguez Vázquez (dir.), Daniel Bardanca Outeiriño, María Caíña Hurtado, Xavier Gómez Guinovart, José Luis Iglesias Allones, Alberto Simões, Carlos Valcárcel Riveiro, María Álvarez de la Granja e Francisco A. Cidrás Escaneo (2020):XeraWord. Prototipo de xeración automática da argumentación da frase nominal en galego e portugués. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.gal/xeraword/>[Consultado: <data>]