• Galego
  • Português
    • Comunicacións (20’ + 10’). Só se aceptarán 2 propostas por persoa como máximo, sexan individuais ou en coautoría.
    • Paneis: entre 3 e 4 comunicacións coordinadas. Trátase dun bloque de comunicacións (20’ + 10’ cada unha), presentadas baixo a coordinación expresa dunha ou dúas das persoas participantes, en que se aborda con enfoques complementarios o estudo dunha cuestión relacionada coas anteriores liñas temáticas que se indican máis adiante.
    • Pósteres (con defensa presencial) relacionados coas liñas temáticas do congreso.

    As propostas teñen que presentarse a través do formulario, que está aberto entre o 28 de outubro e o 15 de decembro de 2025. As propostas serán avaliadas polo Comité Científico ou outras persoas expertas convidadas. A notificación de aceptación realizarase antes do 20 de xaneiro de 2026.

    As persoas interesadas en participar cunha comunicación ou póster deberán enviar un resumo anonimizado de máximo 300 palabras, bibliografía non incluída, e debe conter os obxectivos, a metodoloxía e os resultados agardados ou obtidos.

    Para os paneis, a proposta deberá incluír o nome da persoa coordinadora e dos restantes participantes, así como un resumo anonimizado do panel e de cada unha das comunicacións. Os resumos das comunicacións deben conter os obxectivos, a metodoloxía e os resultados agardados ou obtidos e o resumo xeral debe explicar o fío condutor do panel, é dicir, o que une as comunicacións entre si e o que achega o conxunto á temática xeral do congreso. Cada un destes resumos terá unha extensión máxima de 300 palabras, bibliografía non incluída. O panel será avaliado en conxunto, non por comunicacións individuais.

    As linguas principais do congreso son o galego e o portugués, pero tamén son aceptadas as outras linguas románicas e mais o inglés.

    • Xeolingüística e variación dialectal
    • Variación e contacto lingüístico
    • Atlas dialectais e corpus orais
    • Metodoloxías e recursos para o estudo da variación
    • Diversidade lingüística e ensino
    • Lingua, identidade e sociedade
    • Sociolingüística e contacto de linguas
    • Políticas lingüísticas e planificación
    • Outros temas vinculados coa dialectoloxía e a sociolingüística

    O prazo para inscribirse abrirase o 20 de xaneiro.

    As taxas de inscrición indícanse a seguir. No caso dos traballos presentados en coautoría, cada coautor(a) debe inscribirse e pagar as taxas correspondentes para podermos certificar a súa participación.

    1 Require anexar matrícula de estudos

    2 Inclúe certificado de asistencia