Residencias e hoteis con desconto para asistentes ao congreso
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Avda. de Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 881 811 952
Tarifa xeral do cuarto individual por noite (incluído 10 % IVE): 33,00 €
Tarifa do cuarto individual para estudantes por noite (incluído 10 % IVE): 22,00 €
A Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición dos congresistas 150 cuartos individuais nesta residencia situada ao carón da sede do congreso. As persoas interesadas deben realizar a reserva directamente nesta ligazón, indicando os cuartos e o número de noites que desexan reservar. Se se selecciona a opción “estudante” deberase achegar un documento acreditativo de tal condición (tarxeta de estudante, matrícula na universidade, etc.).
O prazo para facer modificacións ou anulacións nesta residencia remata 20 días antes do comezo do congreso, para o cal é preciso enviar un correo ao enderezo sur@usc.es. As datas en que se pode efectuar a reserva van do 11 ao 17 de xullo de 2026.
Eurostars Gran Hotel Santiago de Compostela
Avda. Mestre Mateo, 27
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 981 534 222
Na páxina web do hotel, que se sitúa a 2,7 km da sede do congreso, débese introducir o código CIDS2026 e facer a selección do cuarto. As opcións dispoñibles terán un 15% de desconto sobre as tarifas xerais.
Desconto aplicable do 13 ao 16 de xullo
Data límite para reservar: 13/06/2026
Hotel Exe Peregrino
Avda. Rosalía de Castro, s/n
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 981 795 299
Na páxina web do hotel, que se sitúa a 2,8 km da sede do congreso, débese introducir o código CIDS2026 e facer a selección do cuarto. As opcións dispoñibles terán un 15% de desconto sobre as tarifas xerais.
Desconto aplicable do 13 ao 16 de xullo
Data límite para reservar: 13/06/2026
Hotel NH Collection
Avda. Burgo das Nacións, 4
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 981 558 070
Tarifa do cuarto superior dobre (uso individual): 148,00 € + IVE + 2,50 € da taxa turística (almorzo incluído)
Tarifa do cuarto individual para estudantes (uso dobre): 160,00 € + IVE + 2,50 € taxa turística (almorzo incluído)
Para beneficiarse das tarifas reducidas, deberase facer a reserva no seguinte enderezo: r.pajaro@nh-hotels.com.
Na Oficina de turismo de Santiago de Compostela pódese acceder a toda a oferta de aloxamento da cidade.
________________________________________________________________________________________________________________
Como chegar
Como chegar á cidade
As persoas que cheguen en avión ao aeroporto Rosalía de Castro poden ir ata o centro da cidade de Santiago de Compostela en autobús urbano coa liña 6A (o prezo é de 1,00 €) ou en taxi (a tarifa estipulada ata o centro é de 23,00 €).
Os trens e autobuses chegan á Estación Intermodal Daniel Castelao, que está próxima ao centro da cidade, pero atópase a uns 35 minutos a pé da Facultade de Filoloxía. Na estación é posible coller taxis e tamén hai paradas de autobús urbano próximas.
Como chegar á sede do congreso
O congreso ten lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao, s/n), que se atopa a 25-30 minutos a pé do centro da cidade.
As liñas de autobús urbano que levan ata a Facultade son a 5 (cada 20 minutos) e a 15 (cada 22 minutos), e pódense coller na Praza de Galicia. As paradas máis próximas á Facultade son Avda. Castelao (xornalismo) e Burgo das Nacións (Auditorio de Galicia). As mesmas liñas pódense coller para regresar ao centro da cidade.
As persoas que decidan empregar o seu vehículo privado poderán atopar estacionamento de balde tanto na Facultade de Filoloxía coma nas inmediacións do edificio.
