logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- book, bookcase, bookie, booking, book-keeper, booklet, bookseller, bookshelf, bookshop, boom, boomerang, booming, boon, boorish, boost, boot, booth, bootlegging, booty


boom


- intransitive verb
- estourar

EN The note boomed again: and then at his firmer pressure, the note, fluking up an octave, became a strident blare more penetrating than before.
GL A nota estourou outra vez, e logo cun novo e firme pulo, subiu unha oitava e converteuse nun chío máis penetrante ca antes.
- Fonte: SEN (317)
- prosperar

EN Things had taken a happy turn, and for forty-eight hours Aleck's imaginary corner had been booming.
GL As cousas tomaran un aspecto feliz e durante corenta e oito horas o recuncho imaxinario de Aleck prosperaba sen parar.
- Fonte: LEG (606)
- subir polas nubes

EN A whole industry has grown up around the demand for private security and sales of security equipment --from intercoms to camera surveillance systems-- are booming.
GL Desenvolveuse unha verdadeira industria da vixilancia privada e as vendas de dispositivos de seguridade --do mero teléfono interno ata as cámaras con pantalla de control-- subiron polas nubes.
- Fonte: C29 (434)


- noun
- explosión

EN This is noteworthy because Iran is undergoing a demographic boom.
GL O tema está de actualidade, pois en Irán se rexistra unha explosión demográfica espectacular.
- Fonte: C03 (197)
- auxe

EN The need for codes of conduct is bound to increase with the world media boom.
GL A esixencia deontolóxica só pode seguir acentuándose e acompaña-lo auxe mundial dos medios de comunicación.
- Fonte: C09 (1184)
- crecemento

EN Half way around the world, in Jakarta, where luxury cars, designer labels and sky-high aspirations once symbolized an economic boom, a recent financial crisis has overnight deflated the economy and plunged huge swaths of Indonesian society into poverty.
GL No outro lado do mundo, en lakarta, os coches de luxo, as marcas de prestixio e as ambicións desmedidas eran o símbolo ata hai ben pouco do crecemento económico; pero a recente crise financeira freou a economía dun día para outro, levando á pobreza sectores enteiros da sociedade indonesia.
- Fonte: C11 (15)
- boom

EN Ecuador's foreign debt has risen from $217 million before the oil boom to nearly $15 billion today, and 70 per cent of Ecuadorians live below the poverty line.
GL Por exemplo, a débeda externa pasou de 217 millóns de dólares antes do boom petroleiro a preto de 15.000 millóns de dólares na actualidade, e o 70% dos ecuatorianos viven baixo o limiar da pobreza.
- Fonte: C14 (945)