logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- liner, linger, lingerie, lingering, lingo, linguist, linguistic, linguistics, lining, link, linkage, lintel, lion, lioness, lion-hearted, lionize, lip, liposome, lipstick


link


- noun
- vencello

EN Not even Ralph knew how a link between him and Jack had been snapped and fastened elsewhere.
GL Nin sequera Ralph sabía como aquel vencello entre el e Jack rachara e quedara amecido noutro lugar.
- Fonte: SEN (2019)
- elo

EN Take me back into the past, Mademoiselle, that I may find there the link that explains the whole thing.
GL Lembrémo-lo pasado, Mademoiselle, para que poida eu atopa-lo elo que o explique todo.
- Fonte: ASA (5220)
- lazo

EN One example is MBC, which "has clear links with the Saudi government but can no longer afford to appear as the Voice of Riyadh if it wants to keep its viewers".
GL Cita o exemplo da MBC, "que mantén lazos evidentes co gobemo saudita, pero que xa non pode permitir para si o luxo de pasar pola Voz de Riad pois podería perder audiencia".
- Fonte: C10 (1182)
- vínculo

EN When I was living as an exile in France, there was a long period when I refused to speak my native language and rejected any link with Cambodia.
GL No exilio en Francia, negueime durante moito tempo a fala-la miña lingua materna e reneguei de todo vínculo con Camboxa.
- Fonte: C23 (477)
- conexión

EN Technological costs have fallen so much, according to the ITU, that "the cost of an international link is effectively close to zero, and it could almost be dismissed as having no bearing on the cost of an international call".
GL A UIT afirma que hoxe por hoxe "o custo dunha conexión internacional é próximo a cero, de modo que case non inflúe no prezo da comunicación".
- Fonte: C13 (1079)


- transitive verb
- relacionar

EN Emphasizing the players and the responsibilities not only shows that development and defense of human rights are closely linked, but also that the defense of new and old rights --which are inseparable-- depends on taking back control of development strategies and of the power needed to defend them.
GL Esta preponderancia dos actores e das responsabilidades pon de manifesto non só que o desenvolvemento e a defensa dos dereitos son cuestións intimamente relacionadas, senón tamén que a defensa dos dereitos, antigos e novos --que están indisociablemente unidos-- pasa por unha reapropiación das estratexias de desenvolvemento e do poder necesario para defendelos.
- Fonte: C01 (272)
- enlazar

EN A buried thread links the Middle Ages to the literary avant-garde of the twentieth century.
GL Unha continuidade soterrada enlaza o Medievo coa vangarda literaria do século que remata.
- Fonte: C22 (525)
- conectar

EN Similarly, Internet service providers could be held liable if their users link to child pornography, even if they are not aware of it.
GL Así mesmo, os provedores de acceso, aínda que non teñan coñecemento diso, poden ser perseguidos criminalmente se os seus usuarios se conectan con sitios de pornografía infantil.
- Fonte: C07 (417)