logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- sweet, sweeten, sweetheart, sweetie, sweetly, sweetmeat, sweetness, sweets, sweet-smelling, swell, swelling, sweltering, swerve, swift, swiftly, swill, swim, swimmer, swimming


swell


- transitive verb
- PAST: swelled; PART: swelled, swollen
- crecer

EN The golden and silver fish haunted the river, out of the bosom of which issued, little by little, a murmur that swelled, at length, into a lulling melody more divine than that of the harp of Aeolus-sweeter than all save the voice of Eleonora.
GL O peixe dourado e prateado frecuentaba o río e das súas entrañas xurdía pouco a pouco un murmurio que crecía, por fin, nunha melodía relaxante máis divina ca aquela da arpa de Eolo, a máis doce endexamais escoitada, excepción feita da voz de Leonora.
- Fonte: LEO (40)
- aumentar

EN It turned out that this was wisdom, too; for inside of three weeks Aleck made a wonderful strike which swelled her imaginary hundred thousand to four hundred thousand of the same quality.
GL Resultou ser que iso tamén foi un acerto, pois que en menos de tres semanas Aleck deu nun descubrimento marabilloso que fixo que os seus cen mil dólares imaxinarios aumentasen ata alcanza-la cantidade de catrocentos mil de igual condición.
- Fonte: LEG (371)
- inchar

EN The sea was quiet now, and swelled lazily in broad billows that melted into one another and did not break except upon the beach in little foamy crests that coiled back like slow, white serpents.
GL Agora o mar estaba calmo e inchaba con galbana en grandes ondas, fundíndose unhas coas outras sen chegaren a quebrar, ata acada-la beira en pequenas cimas de escuma serpeando ata atrás coma cobriñas brancas.
- Fonte: ESP (682)


- adjective
- bo

EN Girls with their legs crossed, girls with their legs not crossed, girls with terrific legs, girls with lousy legs, girls that looked like swell girls, girls that looked like they'd be bitches if you knew them.
GL Tías coas pernas cruzadas, tías coas pernas sen cruzar, tías con pernas maravillosas, tías con pernas piollentas, tías que parecían moi boas rapazas, tías que tiñan pinta de seren auténticas bruxas.
- Fonte: VIX (3963)


- noun
- vulto

EN Power lay in the brown swell of his forearms: authority sat on his shoulder and chattered in his ear like an ape.
GL O poder agochábase nos vultos bronceados dos seus antebrazos; a autoridade sentou no seu ombreiro e paroloulle á orella coma un mono.
- Fonte: SEN (4509)