logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra ABTORIDADE como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.9 Rows
- Número de acepcións atopadas: 9.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (5).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
autoridade
avtoridade
avtorjdad
abtoridade
[actorjdade]
outoridade
{abtorjdad}
subst. subst. 'consentimento, poder, permiso, dereito para facer algo': a) para da-la 'conformidade, validación'. Autoridade, "rrogamos (...) a noso señor o arçibispo de Santiago et a outro qualquer que poder ouuer para ello que dé súa autoridade et decreto a este dito aforamento que valla" 10.115 (1390). Os notarios por autoridade son os nomeados ou designados polo rei ou o arcibispo para exerce-lo seu labor no seu reino ou na xurisdicción correspondente. Son os depositarios da fe pública, é dicir, son os que teñen a capacidade para lexitimar e autentica-los actos xurídicos e documentos públicos. Autoridade, "Et eu (...) notario prúbrico jurado do cõçello da villa de Noya et seu julgado porlo señor arçobispo de Santiago, este sobredito cõtrauto de venda saquey das notas de (...) meu anteçeçor (...) por autoridade et decreto que me para elo á dado o dito señor arçobispo" 13.64 (1395); "Et eu (...) notario púbrico jurado do cõçello da villa de Noya et seu julgado porlo señor arçobispo de Santiago, este sobredito contrauto de venda saquey das notas de (...) meu anteçeçor (...) por autoridade et decreto que me para elo á dado o dito señor arçobispo" 15.60 (1395). Abtoridade, "Et eu (...) notario ppúblico porla abtoridade do señor arçibispo de Santiago en todo seu arçibispado, en tódolos abtos et negocios ao dito moesteiro perteecẽtes" 22.37 (1403). Con esta grafía hai 7 ocorrencias: vid. listado s.v. abtoridade. Avtoridade, "Et eu, (...) clérigo, notario público porlla avtoridade apostólica" 33.31 (1421). Abtorjdad, "porla abtorjdad apostóllica (...) esta sobredita escrjtura de donaçiõ saqey das notas" 64.67 (1493). Avtorjdad, "avtorjdad apostólica" 67.83 (1499). Actorjdades, 65.65 (1494) "notarjo públjco jurado porlas actorjdades apostóljca et rreal" 65.65 (1494).
____ b) 'permiso, autorización para vender, tomar posesión, etc.' Autoridade, "et outorgo que vós (...) perlo moordomo (...) ou per vosa autoridade propia et sẽ meu ẽbargo et de mỉa voz et sẽ coómea algũa, posades entrar et rreçeber et auer et ajurar a dita medade da dita casa (...) por rrasõ da dita conpra et venda" 24.117 (1407). Abtoridade, "por este (...) contrabto de venda (...) vos dou poder conplido que (...) syn mandamento de juíz nỉ myño mayordomo nỉ alcalde nỉ outra justiçia algũa (...) por vosa propia abtoridade, posades thomar, rresçeuer e aprender o jur e posisión e propiadade de todo o que (...) vos así vendo" 63.55 (1487). Outoridade, "meu marydo (...) quen dá outoridade et outorgamento (...) que faso per mỉ et por toda myna uoz, confeso et outorgo que uendo" 8.6 (1381); "Et eu, (...) marido de vós, a dita esta Mayor Eanes, que a esto sõo presente, outorgo esta uenda (...) et douvos para ello lysençia et outoridade" 8.56 (1381). Cfr. s.v. decreto.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
abtoridade
{autoridade}
f. s. f. Autoridade, autorización, licencia: "para que vos mesmo (...) posades entrar et tomar de vosa propia autoridade sen liçençia et mandado de alguo juis" (1067). // 2. Acto ou instrumento no que consta a facultade que un concede a outro para a execución dunha cousa: "para o qual me deron poder e abtoridade e interposeron seu decreto (...) alcalles da dita çidade" (5958...8400) {cfr. CARTA DE PODER}. Outras formas: autoridade (616...8534). Cfr. {DAR ABTORIDADE / AUTORIDADE, s.v. DAR}.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{autoridade
outoridade
outuridade
octoridade
abtoridade}
.- AUTORIDADE (284b: 1360 auturidade): 1262 "reçeba per sua autoridade liure et quito esse prestamo" (Salazar 48.4) (1271 Ferro 30); 1265 "per outuridade do senor bispo" (Sponer 145.3); 1293 "por uosa outoridade" (138.23); 1302 "per sua acturidade et sen outoridade do mosteiro" (id. 184.42); XIII "por octoridade" (Salazar 16.8); Corónica Iria "con abtoridade" (39).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
abtoridade
f. f. 1. "Autoridade, dereito ou poder de mandar, administrar, dictar e facer cumprir leis, etc.".
____ abtoridade (3): "por vosa abtoridade para vender" 1282, "desde aquí vos poño ẽno jur, señorío e posesiõ / da dita casa para que a posades tomar e entrar por vosa abtoridade / propia para faser dela ẽno alto e baxo como / de vosa cousa propia" 1571, 2221.
________ 2. Poer seu decreto e abtoridade "autenticar, lexitimar un documento", derivado da acepción de auctoritas 'potestade escrituradora' (Bono Diplomática pp. 25, 27).
________ abtoridade (2): "rrequería ao dito juís que mãdase a mỉ, / dito notario, sacar hũu traslado ou dous o máis, aqueles que menester fesese, / e que llos mãdase dar sjnados, ẽnos quaes / le pedía que el posese seu decreto e abtoridade, de maneyra que senpre / fesese fe" 1730, 1739.
________ Do lat. auctorĭtas, -ātis. Documéntase en galego desde o séc. XIII: autoridade en 1262, outuridade en 1265, acturidade en 1302, octoridade no XIII, abtoridade no XV (Lorenzo Crónica s.v. autoridade), abtoridade en 1416-1422 (Tato Santiago); outros exemplos con profusión de formas, en Martín Ribas de Sil s.v. autoridade.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL