logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra AUDIENÇIA como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (2), CONCELLO DE SANTIAGO (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
audiençia
audiẽçia
abdiençia
subst. subst. 1.- 'tribunal eclesiástico de xustiza, corpo colexiado permanente de xuíces, que se reunían para administrar xustiza'. Nestas datas é sinónimo de 'Chancelería'. Audiençia, 32.11 (1419) "cóengo de Santiago et juís na audiençia do señor arçobispo de Santiago"; 32.13 "notario apostóllico, et seelada do seelo da audiençia do dito señor arçobispo"; 32.16. Audiẽçia, 39.8 (1439). Abdiençia, 28.9 (1412) "lles fora liúda et publicada hũa carta monitoria da abdiençia de noso senor o arçobispo de Santiago, don Lopo de Mendoça".
____ 2.- 'sesión onde se ven e determinan os pleitos e causas ante un tribunal'. Audiẽçia, 24.64 (1407) "o qual pregoeiro feso os ditos tres pregões em pública audiẽçia ante mỉ, en presẽça do notario sub escripto". Audiençias, 24.60 (1407) "Et eu, alcalle (...) mãdey (...) que (...) fesese tres pregões de cada noue em noue días et publicamente a altas voces ẽnas audiençias ante mỉ". Abdiençia, 46.3 (1450) "Ano do naçemento de Noso Señor Ihesu Cristo da era de mjll et quatroçentos et çinquoeenta anos, quinse días do mes de desenbro, abdiençia da béspera"

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
audiençia
f. s. f. Audiencia, ocasión para aducir razóns ou probas que se lle ofrece a un interesado, especialmente nos xuícios e procesos: "e eles viinan a darlle audiençia e o non achavan por seer fogido" (5458) {cfr. DAR AUDIENÇIA, s.v. DAR}. // 2. Tribunal de xusticia colexiado que atende nos pleitos ou nas causas de determinado territorio: "este dito dia estando Pascual Gil, (...), bachiller en Decretos, coengo de Santiago e juis enna audiençia do sennor arçobispo de Santiago don Lope" (7873). // 3. Audiencia, sección da curia especializada na administración da xusticia, alto tribunal; a partir do Ordenamento de 1371, as audiencias rexias designan a un tribunal colexiado de oidores e xuíces que asumían na corte a delegación da suprema xusticia persoal do monarca, contra os seus fallos non cabían os recursos de suplicación e alzada: "en noso nome posan paresçer (...) ante os sennores do Consello do dito sennor rey et oydores da sua Audiençia (...) en seguimento de hua apelaçon" (132, 136, 926, 2392).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL