logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra BACHILLER como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.6 Rows
- Número de acepcións atopadas: 6.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (4).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
bachiller
{bacheller}
m. s. m. Bacharel, nome que recibía aquel que nas academias e universidades xa obtivera o primeiro grao e estaba polo tanto iniciado para ser doutor nalgunha facultade; tamén recibían este nome os cóengos ou monxes máis novos por estaren en camiño de subir a dignidades e cargos máis altos; aparece con frecuencia no noso texto bachiller en decretos, é dicir, en dereito canónico (cfr. DECRETO): "et o dito conçello mandara dar ao bachiller Gomes Rodrigues et ao dito Rui Martines, notario, para a custa da yda que hiran aa vila de Betanços en segimento do pleito" (54...9168); "estando y con nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcaldes enna dita çidade, et Gomes Rodrigues, bachiller en decretos" (114...9240). Outras formas: bacheller (6981).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{bacheler
bachiller}
.- BACHAREL (294b: 1370?; bachaler 1447; bachiller XV): 1415 "Roy Gonzalez bacheller" (Salazar 132.17) (id. 1423 em Sponer 158.1-2); 1431 "bachiller en decretos" (Ferreiro VII, 43.1; 3).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
bachiller
m. m. "Bacharel".
____ bachiller (8): "pareçeu o bachiller Rrodrigo Ballo" 1744, 1808, 1812, 1818, 1868, 1869, 1871, 1874.
________ Do fr. ant. bacheler, e desde finais do XIV bachelier 'mozo aspirante a cabaleiro', der. do lat. vulg. *baccalāris, de orixe incerta. Para a voz latina de partida, Meier Notas (s.v. bachiller) propón *versial, -aris / *varsialarius. O DELP documenta bacharel en 1370 (?) e bachaler en 1447, pero estas formas rexístranse xa en documento de 1364 (Elucidário s.v. bachaler e bacharel). En cast. bacheller en 1393 e bachiller e bachaller desde principios do XV (DCECH s.v. bachiller). En documentos galegos bacheller e bachiller encóntranse desde comezos do XV (Lorenzo Cronologia s.v. bacharel e Tato Santiago s.v. bachiller); sen embargo as primeiras documentacións son do séc. anterior; así o DRAG (s.v. bacheler e bachiler) ofrece máis testemuños de ámbalas formas e no caso de bacheller reproduce un texto transcrito por López Ferreiro que adianta a primeira documentación a 1384 (CDGH, p. 357); respecto a bachiller a documentación máis antiga é de 1379 (Martín Ribas de Sil s.v. bachiller).
________ O Elucidário distingue tres acepcións: a) beneficiado dunha catedral; b) aquel que obtén nas universidades e academias o primeiro grao e está iniciado para ser doutor nalgunha facultade; e c) aquel cóengo ou monxe novo en camiño de subir a dignidades e cargos máis altos.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL