logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra DECRETO como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.6 Rows
- Número de acepcións atopadas: 6.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
decreto
subst. .- subst. 'resolución ou decisión que lexitima un contrato'. Este termo aparece nos documentos estudiados xunto ó termo autoridade. Ó iren coordinados podemos supoñer que se trata de dúas palabras sinónimas; pero tamén podemos interpretar autoridade como 'lexitimación do acto do que se trata' e decreto como 'a materialización escrita daquela'. Decreto, 10.116 (1390) "Et sobre esto rrogamos et pedimos por merçee a noso señor o arçibispo de Santiago et a outro qualquer que poder ouuer para ello que dé súa autoridade et decreto a este dito aforamento que valla, segundo em el he contiúdo"; 13.64 (1395) "este sobredito cõtrauto de venda saquey das notas de Afonso Monjz notario (...) et a qual saquey por autoridade et decreto que para elo á dado o dito señor arçobispo"; 15.60 (1395) "et a qual saquey por autoridade et decreto que me para elo á dado o dito señor arçobispo".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
decreto
m. s. m. Decreto, disposición ou resolución dictada pola autoridade sobre asuntos da súa competencia: "a qual carta original (...) vi e lii e aqui ben e fielmente a fize trasladar de verbo a pedimento de Garçia Rodriges e Juan Dominges de Linnares, canbeadores e procuradores do Conçello (...), para o qual me deron poder e abtoridade e interposeron seu decreto Gomes Rodriges (...) e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade" (5986...8527). // 2. s. m. pl. Decretos, conxunto de estudios do dereito canónico: "et Gomes Rodrigues, bachiller en decretos" (114...9240) {cfr. BACHILLER, DEREITO}.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{decreto}
.- DECRETO (740ab: XVII): Gal. Estoria "el rrey tyrou o decreto que avia posto et dado da morte dos nenos" (131.33); 1384 "bacheller en decretos" (CDGH 357.35), etc.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
decreto
m. m. "Decreto, orde, disposición, decisión ou sentencia dada por unha autoridade". Aparece na expresión põer decreto e autoridade (vid. abtoridade).
____ decreto (2): "le pedía que el posese seu decreto e abtoridade, de maneyra que senpre / fesese fe" 1730, 1739.
________ Do lat. decreētum, der. de decernĕre "decidir", "determinar", e esta de cernĕre "distinguir", "comprender". As documentacións máis antigas en textos galegos son do séc. XIV, na Cr. Gal. e tamén en 1384 (Lorenzo Cronologia s.v.). Documéntase unha forma evolucionada degredos en 1376 (Martín Ribas de Sil s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL