logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra CONPRAR como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.8 Rows
- Número de acepcións atopadas: 8.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRÓNICA TROIANA (1), CRÓNICA XERAL (1), VOCABULARIO 1275 (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
[conprar]
[conplar]
[cõprar]
v. v. 'adquirir unha cousa pagando en diñeiro o seu prezo ou estimación'. Este termo está ligado estreitamente coa venda. Xa tratei disto ó estudiar o termo carta, cfr. carta1, 7. Máis adiante irei estudiando outras figuras que son consubstanciais neste contrato de compravenda, como o elemento persoal (vendedor); o obxecto da compravenda (casas, terras, dereituras, etc); os tipos de condicións (prezo certo, etc); pactos e acordos (sinalamento dun prazo para pagar) etc. IPres. P5 Conprades, 49.9 (1459) "por esta carta coñosco que vendo et outorgo en venda (...) para senpre a vós, Juã Vidal (...) que presente sodes, que conprades para vós et para vosas vozes et herdeyros (...) toda a parte et quinón de toda aquela casa baixa que he ẽna rrúa da Triparía"; 61.9 (1487); 62.8 (1487); 63.9 (1487). IPret. P1 Conprey, 14.12 (1395) "as herdades et chãtados et casas et vyñas (...) et outras quaesquer cousas et dereituras que perteesce et perteeçer deue ao lugar que chamã de Pumar de Rrío (...) que eu conprey de Aras Fernandes"; 51.77 (1463) "et espeçialmẽte vos obligo para elo a dita meetade de casas que me así aforades cõ tódoslos rreparos que en ela forẽ feitos et cõ mays as mỉas casas (...) que eu conprey et ouve de Clara Oanes". Conpley, 53.6 (1469) "conosco que, por rrasõ que eu conpley en pública almoeda et en mỉ foy rrematada a casa que foy de Afonso d' Esteyro"; 53.32 "confeso et outorgo que conpley a dita casa ẽna dita almoeda para vós". P3 Conprou, 26.66 (1412) "et mays o quinõ de aquel quarto que fica o quinõ que conprou Johán Rrodriges a Fernã Fresco". P4 Conpramos, 2.10 (1341) "uẽdemos (...) quanta herdade et chãtado, casas, et casares (...) nós, Domĩgo Lobeyra, et mỉa moller concãbeamos et conpra(a)mos d' Afonso Botello (...) et de súa moller (...) segũdo que nolla elles uẽderõ et concãbearõ per carta feyta per notario". Cõpramos, 3.12 (1342) "a qual cassa nós cõpramos a ffyllos que fforõ de Martín Gato". IPlusc. P3 Conprara, 14.24 (1395) "segundo que o conprara ao dito Aras Fernandes, porlla dita carta de venda así ffeyta porllo dito Afomso Monyz, notario"; 23.21 (1406) "o qual dito Afomso Gillelmes traspasou a dita madade de casa que así conprara ẽno dito Garçía Vellasques". Part.: Conprado, 42.12 (1445) "segundo et ẽna maneira que o eu ajo et teño conprado das fillas Afonso Gonçalues de Noya". Conprada, 63.59 (1487) "posades thomar (...) todo o que dito he que vos así vendo (...) e fazer delo e en elo (...) todo o que qujserdes e por ben touerdes como de vosa cousa propia conprada por vosos propios dineiros".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
conprar
v. tr. v. tr. Comprar, adquirir algo por diñeiro: "que tovesen medidas çertas porque vendesen o dito aseite por maneira que aquelas personas que o ouvesen de conprar non rreçebisen engano alguo" (1466). Formas: P3 IImperf.: conprava (8039), P6 IPlusc.: conpraran (2138); P6 SPret.: conprasen (2579, 3282); Inf.: conprar (1466...2648).

K. M. Parker (1958): Vocabulario de la Crónica Troyana. Salamanca: Universidad.
conprar
tr. tr. comprar, pagar; to buy, purchase, pay for: este tendillon fora conprado por moy grande auer, I 313.29, I 214.26, II 38.4, II 10.33, I 236.25.

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
conprar
'comprar ' , del lat. vulg. *COMPĔRĀRE, clás. COMPĂRĀRE (REW 2094). Formas: conprar 235.61, 420.31, 522.7, 531.20, 545.17, 548.18, 669.15; cõprar 530.11, conpralo 420.32; conpraua 528.48; conprou 145.17 "ca a poucos dias o - muy caramente"; conpraria 127.27; conprasem 343.15, conprassem 531.17; cõprãdo 548.14; conprado 127.33 "assaz auya el rey - o caualo muy bem". Desde el s. XIII: a. 1209 "qui conprare herencia tod ome que conprare herencia... si alguna cousa conpraren" (PMH Leges 871), "qvi bestia conprar enferma" (id. 883), "carniceyro que conprar ganado ningun camiceyro que conprar ganado" (id. 882), etc.; CSM 27.13 "e que os apostolos... / compraran e foran eigreja fazer", 35.112 "cada ũu deles quis / comprar de seu aver lãa", etc.; Afons' Eanes do Coton (1116, 1584) "ca elle x' os comprou" (13); Pero da Ponte (1177, 1643) "mays conpro mui de coraçon / erdade" (20); a. 1257 "conuen a ssaber que nos compramos herdade d' Armea" (Salazar 25.3), etc.; Cr. Troyana "fora conprado por moy grande auer" (I, 313.29); Cr. 1344 "foisse pera sua terra a pagar aquelle aver por que se comprara" (II, 451), "que lhas vehessem comprar e os mouros prouguelhe dello muyto e veheronlho cõprar" (III, 426); Gal. Estoria "moeda cõ que cõpraua as cousas, que ante desto nõ cõprauã cousas nẽgũas" (98.5,6), etc. Véase Morais e Corominas DCELC I, 873.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
comprar
conprar
conparar
v. .- v. 'comprar'. Del latín vulgar COMPĔRĀRE, que en clásico era COMPĂRĀRE. Formas: compramos, IPres., a. 1257 "que nos compramos herdade D' Armea" (25.3); comprey, conprej, comprou, IPret., a. 1260 "et quanta comprey et gaaney de Guntrode Martiz" (29.15); a. 1274 "e ganej e conprej" (65.19-20); a. 1260 "et por quanta herdade comprou et gaanou" (29.9); ey comprada, IPerf., a. 1269 "et por outra que ey comprada" (55-56.18-1); conparar, Inf. (latinismo), a. 1228 "de que un troxello conparar" (19.16).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
conprar
v. tr. v. tr. "Comprar, adquirir unha cousa mediante cartos".
____IPret. IPret. P1 conprey (1): "se ouverõ de vender os ditos bees e los eu conprey ẽna çibdade de Santiago" 1590, P6 conprarõ (1): "deujã a Pero Cruu, juís de Põtevedra, çinco mjll morauidís / vellos que mõtou en çerta seda que del conprarõ" 691.
____ Do lat. vulgar *compĕrāre, clásico compărāre "adquirir, proporcionar", der. de părāre. Documéntase desde o XIII: conprare en 1209 en textos latinos de orixe portuguesa, e logo nas CSM e en textos administrativos galegos de 1257 (Lorenzo Crónica s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL