logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra carta como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.25 Rows
- Número de acepcións atopadas: 25.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (14), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRÓNICA TROIANA (1), CRÓNICA XERAL (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), CANTIGAS DE ESCARNHO (1), HISTORIA TROIANA (1), VOCABULARIO 1275 (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
carta
subst. .- subst. 'carta, instrumento, documento, contrato, escritura, coa que se proba algunha cousa, normalmente feita ante escribán público ou notario e estando presentes testemuñas; podía estar escrita tanto en papel coma en pergameo'. Nos documentos cos que traballo aparecen varios tipos de cartas, segundo o negocio xurídico do que se trate. Como nos documentos estudiados aparecen cento corenta e nove ocorrencias, soamente poñerei algúns exemplos ilustrativos baixo os distintos tipos de negocios ou cartas xurídicos, porque para a súa comprensión é necesario ter en conta case sempre todo o texto. Vid. listado s.v. carta. {Cfr. s.v. escriptura}
____ 1.- carta de venda. 'Contrato no que unha persoa se obriga a entregar unha cousa, e outra a pagar en diñeiro o seu prezo ou estimación'. As partes deste negocio son o vendedor e o comprador: o vendedor é o que se compromete a transferi-lo obxecto da venda, e o comprador é o que o recibe a cambio dunha determinada cantidade de diñeiro. Para actuar como contratantes necesítase a capacidade para obrigarse e non ter prohibición legal. As cousas vendidas poden ser tanto bens materiais coma non materiais, é dicir, dereitos, incluso de cousas inexistentes, como os productos que se esperan dos animais ou terras, ou dos bens que se esperan recibir dunha herdanza (cfr. Gutiérrez-Alviz DDR. s.v. emptio-venditio). A compravenda de bens e dereitos futuros é coñecida no dereito romano baixo o nome de emptio rei speratae e emptio spei. Nas Partidas de Afonso X, código de xustiza polo que se rexe a galega, na definición do contrato un dos requisitos do negocio é o do prezo certo, xusto e que non haxa engano (Para máis información sobre este tipo de contrato, cfr. Carrasco Partida V, páxs. 69-91; e cfr. infra s.v. preço). Documento 12 (1394) "Sábeã todos que eu (...) vendo et firmemente outorgo para todo senpre a uós (...) tódalas casas, casares et herdades et chantados que a mỉ perteeçen a auer et herdar ẽna vila de Ponte (...) por contía et preço de septeçentos et sesenta et quatro morauidís de moeda vella (...) dos quaees morauidís me outorgo por entrego et ben pago a toda mỉa vontade sẽ mịngoa algũa, et rrenunçio a toda eixepçón, que nũca ende diga o contrario, (...) et se máys ual que esta contía que me por ela dades, esa demaysía que así máys val dóuvosla et dõo en pura et justa doaçón para senpre, et des aquí endiante que façades delo (...) toda uosa voontade así como de uosa cousa propia, sẽ meu ẽbargo et de todas mỉas uozes (...) et esto prometo de tẽer, conplyr et agardar so pena de dous mjll morauidís que vos peyte por pena en nome de ynterese, se o así nõ touer et conplyr (...) todavía este estormẽto et o contỉúdo em el fiqui firme et valla em súa rreuor. Et por seer çerto outorgey esta carta de venda ante o notario so escripto. Testemoyas que foron presentes".
________ 2.- carta de sentença. 'Documento no que se dá a coñece-la decisión ou fallo pronunciado polo xuíz ou tribunal, e que remata, resolve ou pecha un litixio, preito ou xuízo'. Documento 24 (1407), "Sábeã todos que eu, Afomso Gillelmes, (...) outorgo et coñosco que, por rrasón que vós, Garçía Vellasques, (...) posestes et fesestes poer em leilães et publicada almoeda a vender (...) a medade de hũa casa (...) que era de Martín Pequeno (...), o qual Martín Pequeno se absẽtara da dita vjla ao rregno de Portugal, que está jũta cõ hũa casa de mỉ, o dito Afonso Gillelmes, por çerta contía de morauidís que vos o dito Martín Pequeno deuịa et a que nos a dita meadade da dita casa era obligada. Et por quanto eu puje en mayor poja a dita madade da dita casa ao terçeiro pregõ et em mỉ foy rrematada a dita casa perlo dito alcalle por çerta contía de morauidís, segũdo todo he contiúdo em hũa carta de sentença et pregões et rrematações sobr" ela feita, firmada do nome do dito alcalle et de Lopo Rrodriges, notario da dita billa, de que o thenor he este que se sigue:..."
________ 3.- carta exsecutoria. 'Na que se obriga ó cumprimento e execución dunha decisión xudicial' (cfr., Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. executio). Documento 24 (1407), "Sábeã todos que ante mỉ (...) alcalle (...) et en presẽça do notario (...) aparesçeu Garçía Vellasques (...) et pedíome mỉa carta exsecutoria contra Martín Pequeno (...) por rrasõ que fora enprasado perante mỉ por tres enprasos (...) et que o dito Martín Pequeno fora rrebelde et nõ quisera vijnr a conplir de dereito a nỉhũu dos ditos enprasos (...) et veẽdo súas contomasjas et auẽdo por rrebelde ao dito Martín Pequeno et en súa absençia et rrebeldía dey carta exsecutoria para Bẽeyto Gonçalues, moordomo desta dita bila, para que fesese exsecuçõ em bẽes do dito Martín Pequeno, para que fose penorado ata que veese purgar súas contomasjas et conprir de dereito ao dito Garçía Vaasques ante mỉ ao termỉo asinado porlo dito moordomo, et nõ vĩjndo para que se vendese segundo dereito (...). Et foy presẽtado ante mỉ per fe do notario (...) en como o dito Bẽeyto Gonçalues, moordomo per uertude da mỉa carta exsecutoria, entregou et feso exsecuçõ em medade de hũa casa do dito Martín Pequeno (...) et posta em poder et posisõ do dito Martín Pequeno, poendo fóra da dita casa a (...), moller do dito M. Pequeno, et apoderãdo ao dito Garçía Vellasques ẽna medade da dita casa para que a teuese em lugar de pénora (...). Por ende eu, o dito alcalle, mãdo ao dito Garçía Vaasques que dos morauidís que así ha de auer da dita casa que seja entrego et pago dos ditos (...) morauidís, et cõ máys quatro morauidís da carta exsecutoria. Feita foy a dita rremataçõ et todo esto sobredito ẽna maneira que dita he".
________ 4.- carta monitoria; carta d' amostaçón et escomuyõ. É un 'documento de advertencia no que se amoesta a cumpri-las condicións e requisitos do contrato baixo ameaza de excomuñón, é dicir, botar a un fiel da Igrexa e privalo dos sacramentos'. Documento 28 (1412) "en presença de mjn, Johán Moxe, notario público jurado do conçello da vila de Noya porlo señor arçobispo de Santiago, et das testemoyas adiante escriptas, paresçeron presentes Domjngo Fernández e Afonso Gordo et Johán de Maalde et (...) et diseron que, por quanto por parte de Bieito Gonçalues, notario da dita vila de Noya, lles fora liúda et publicada hũa carta monitoria da abdiençia de noso senor o arçobispo de Santiago, (...) para que, a çerto térmjno ẽna dita carta contiúdo, eles disesen e declarasen a verdade que soubesen sobre rrazón das herdades que ao moesteiro de San Justo perteesçía a auer et herdar ẽno lugar de Ponte (...), et que eles conprindo a dita carta, et por non cayer nen encorrer ẽna pena et escomoyón en ela contiúda, e ẽna conprindo que jurauan et juraron logo en hũu signal de cruz, en lugar dos Santos Avangeus, que con súas mãaos tangeron, en presença de mỉ, o dito notarjo et testigos ynfra escriptos, que eles et cada hũu deles ben et verdadeiramente disesen et declarasen a verdade que soubesen sóbrela dita rrazón et lles ffose sobrelo preguntado, et que o non leixasen de dizer por amor nen por dessamor nen por cobijça nen por outra rrazón algũa, e que se o así fezesen, que o Señor Deus Todopoderoso os ajudase en este mundo aos corpos et ẽno outro aas almas, senón que el os confondese como a aqueles que se perjurauan ẽno seu sancto nome. Testigos que a esto foron presentes...". Documento 32 (1419) "fezira leer et publiquar aos sobreditos et a outros hũa carta d' amostacón et escomuyõ dada per Rroy Garçía, cóengo de Santiago et juís na audiençia do señor arçobispo de Santiago, don Lopo, escripta en papel et firmada de seu nome et de Pero Afonso, notario apostóllico, et seelada do seelo da audiençia do dito señor arçobispo, posto ẽnas espaldas da dita carta (...). Sabede que Juã Nunes (...) veẽo ante mỉ et dísome que el ha et lle pertẽesçe (...) çertos herdamentos, casas, casares et chantados et áruores et que vos outros que llos teendes ascondudos et negados et llos nõ queredes leixar nẽ desenbargar nẽ partyr nẽ estremar nẽ dizer a verdade que de todo sabedes, et outrosí que lle deuedes déuedas de dineiros et outras cousas et llas nõ queredes dar nẽ pagar, et pedeume sobre todo conprimento de dereyto, por que uos digo et mando en vertude de obidiẽçia et so pena d' escomuyõ et vos amoesto primo, segundo, terçio, dándovos dous días por cada hũa amostaçõ (...) senõ, pasado o dito térmjno endeante, pono en vós sentença d' escomujõ en este presente escripto et so a dita pena digo et mando a qualquer clérigo do dito arçobispado a que esta carta for mostrada que uos denũçie por escomũgados ẽnos domingos et festas et outros días ata que facades o que dito he". {Cfr. s.v. escomoyon}
________ 5.- carta de doaçón. A doazón é un 'negocio xurídico mediante o que unha persoa cede voluntariamente os seus bens, ou parte deles, a outra'. A falta de coacción, é dicir, que o doador actúe en completa liberdade, é indispensable para que o compromiso adquira obrigatoriedade. As doazóns teñen lugar entre vivos ou para despois da morte, ou donatione post obitum. A doazón entre vivos, atendendo ó contido do contrato, pode ser pura e simple e doazón baixo condición. Os efectos xurídicos da doazón pura e simple son inmediatos, e é feita sen ningunha condición. As condicionadas están suxeitas ás condicións que impón o doante; se non se cumpren, estas son sempre revocables. As doazóns para despois da morte son doazóns condicionadas, e a condición é que se produza despois da morte do doante, que as pode posuír mentres viva pero non allealas. Este tipo de doazóns tivo moita importancia na formación de grandes propiedades territoriais na Idade Media. O estamento máis beneficiado foi a Igrexa, pois estaba moi arraigado o costume da cesión das súas terras, por parte dos propietarios, a mosteiros e igrexas, pola salvación das súas almas. Polo xeral, o que se doa é, case sempre, bens inmobles, tenzas, herdades, casas, viñas, etc. No caso da doazón pura e simple, a propiedade e a posesión da cousa son transferidas polo doante ó donatario desde o momento da perfección do negocio. Agora ben, esta propiedade pode ser adquirida polo donatario só por un tempo, de xeito que, pasado o prazo sinalado polo doante para o disfrute da doazón, volve a ser propiedade do doante ou dos seus herdeiros. Mentres que os herdamentos ou doazóns por jur de herdade implicaban a transmisión hereditaria da doazón, a teença non outorga ó concesionario ningún dereito a transmitila hereditariamente. Só a partir do século XIII as concesións poden facerse hereditarias, cando os prestimonios, honores e tenzas vitalicias se sustitúen polos herdamentos ou doazóns de terra en plena propiedade (cfr. Valdeavellano Instituciones, páxs. 390-391). O instrumento deste negocio xurídico é unha carta feita por escribán público. Nestes documentos quedaban establecidas tódalas condicións da doazón, se eran concedidas en plena propiedade, se só eran por un tempo determinado, se se facían baixo algunha condición, etc. e tamén se precisaban qué dereitos e privilexios obtiñan ámbalas partes. Esta carta non era obrigatoria, só se fai imprescindible cando eran doazóns non condicionadas e dirixidas a persoas que non fosen a persoa do rei, igrexa, mosteiro, etc. e que non sobrepasasen os cincocentos marabedís. Documento 34 (1422) "Sábean todos que eu, Tareija Vellasques, (...) que presente soo, que faço por mỉ et por todas mjñas vozes, nõ costrengida per força nẽ deçebuda per engano, mays de mjña propia et liure voontade, dou et outorgo en pura et justa doaçón para senpre, así como doaçón mellor deue seer et de dereyto máys valer ontre viuos, a vós (...) a medade entregamente do forno que está na dita villa de Noya (...) en vós, (...) et en uosas vozes o poño et traspaso et rremouo et meto en jur et en mãao per esta presente carta de doaçón (...) et prometo et outorgo de vos defender et anparar (...) et fasérvoslo sãao et de pas, liure et desenbargado a todo tenpo de quenquer que voslo demandar ou enbargar per mỉ et per todos meus bẽes, que vos a ello obligo, et quero et outorgo que vós (...) et uosas vozes ajades para senpre sejades verdadeiro padrón et posoydor et propiatario da dita medade do dito forno (...) rrenũçio eixpresamente abçón et eixçón d' engano et engratedũu et de força et a benefiçio de rrestetuyçón jn jntreguũ et a tódaslas leys et dereytos canónjquos et çeuijs (...) prometo et outorgo nõ vijr contra esta dita doaçón nẽ a rreuoquar en vjda nẽ en morte nẽ ao tenpo de meu finamento (...) et so pena de dez mjll morauidís da moeda do rregno de Castella, que vos peyte por pena eu et mỉas vozes a vós ou a uosas vozes por pena, se contra ello vier, et a pena pagada ou nõ pagada, todavía esta carta de doaçón et as cousas en ela contijúdas fiquen firmes et vallan para senpre. Et eu, (...) que presente soo, por mỉ et por todas mỉas vozes así o rreçebo. Feita et outorgada a carta de doaçón na dita villa de Noya (...). Testemoyas que a esto foron presentes..."
________ 6.- carta de foro; carta de aforamento. É un 'contrato agrario de longa duración, con tendencia a ser perpetuo ata finais do século XIII, pero posteriormente máis inclinado á limitación temporal de tres voces ou xeracións, polo que unha persoa ou institución cede a outra o uso e disfrute dun ben, xeralmente casas e terras, a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas'. As condicións máis importantes, entre outras, para o concedente son: ceder realmente o ben ou cousa, cobra-la renda establecida, recobra-la cousa cedida no caso que houbese alleación ou que o tempo do contrato xa rematase; en caso de transmisión do ben cedido percibir un tanto ou laudemio (cantidade equivalente ó dous por cento do prezo da venda que o enfiteuta debe pagar ó dono do ben, no caso de allear este, durante o ano que transcorre a contar da dita data. Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. laudemium). As condicións para o concesionario son: coidar e mellora-la cousa cedida, comunica-lo cambio de titularidade, paga-la renda establecida; rematada a concesión, entregar ó concedente a cousa ou ben, pagando este as melloras. Deste contrato de aforamento establécese un dominio inmediato (o concedente), un dominio útil (o concesionario) e a relación entre ámbolos dous pode dicirse que é enfitéutica. (Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. emphyteusis. Véxase tamén, GEG, s.v. foro). Documento 38 (1435) "eu, Garçía Suares, et eu, Pero Carneyro, (...) que faço por mỉ et por mỉa muller (...) da qual me obljgo de dar outorgamento desto adjante cõtyúdo, per mỉ et per meus bees, que para ello obligo so a pena ajuso escripta, por nós et por todas nosas vozes et súas, aforamos et damos por foro et em nome de foro para todo senpre a vós, Juã Eanjs, (...) todo o noso casal (...) segundo que ora está, vos aforamos para todo senpre a vós, o dito Juã Eanjs, e a dita vosa muller e a todas vosas vozes (...) cõ todo seu teratorio (...) ao dito casal perteçentes, para que façades del et em el casa e casas (...) sem noso embargo et de nosas bozes; e vós et vosas vozes avédesnos de dar et pagar de foro em cada hũu ano para senpre ao capellã da capella de Santiago (...) ou onde nós e nosas vozes mãdáremos, trinta et sete morauidís (...) o qual foro avedes de pagar (...) por cada dịa de Sã Migell de setẽbro, em cada hũu ano para senpre; e nós nẽ nosas vozes nõ deuemos de tyrar nẽ toller o dito foro do dito casal por máys nẽ por menos, nẽ por al tãto que nos outro dé nẽ prometa (...) e vollo avemos de fazer de pas senpre a todo tenpo, em juịso et fóra del, per nós et per nosos bẽes que vos para ello obljgamos. E eu, o dito Juã Eanjs (...) así o rreçebo et outorgo, et me obligo por mỉ et porlla dita mỉa muller et por todas mỉas vozes e súas de pagar o dito foro em cada hũu ano (...) e rreçebo em mỉ o dito foro a toda mỉa avẽtura de fogo et d' ágoa et de gera et de todo outro caso fortetuýto, et me obligo de pagar o dito foro saluado em cada hũu ano para senpre per mỉ et per todos meus bẽes que para ello obljgo, et espiçialmente o dito casal, cõ todo o bõo perfeyto et rreparamento que em el fezer, et vos dou poder que posades pinorar porllo dito foro em cada hũu ano (...). E esto prometemos et outorgamos ontre nós, partes sobreditas, de o teer e cõprir e de nõ yr contra ello, so pena de çem frolijs d' ouro boos et de justo peso (...) que peyte por pena a parte de nós que o nõ teuer et cõprir á outra parte agardante (..). Et porque he verdade et nõ veña em dulda, outorgamos esta carta de foro, ante este notario et testemoyas ajuso escriptas".
________ 7.- carta de conpra. Este contrato está intimamente relacionado co de venda. Véxase carta1. É un 'contrato consensual, de boa fe, bilateral perfecto, e a título oneroso, mediante o cal unha persoa, o vendedor, se obriga a transferir a outra, o comprador, a pacífica e definitiva posesión dunha cousa ou dereito, a cambio dunha determinada cantidade de diñeiro, que constitúe o prezo' (cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. emptio-venditio). Documento 41.79 (1443) "por vertude da dita carta de conpra suso escripta, o posese et apoderase ẽno jur et teença et posisõ das ditas casas suso escriptas et o defendese et anparase cõ elas".
________ 8.- carta de çesión e traspasamento. É un 'contrato polo que unha persoa renuncia á posesión, acción ou dereito que ten sobre unha cousa a favor doutra'. Aquí trátase da cesión e traspaso dunha casa que Garçía Queyjo, testaferro, comprara en pública almoeda para Pero da Valiña. Documento 53 (1469) "por ende eu, o dito Juã Eanjs, confeso et outorgo que conpley a dita casa ẽna dita almoeda para vós, Pero da Valina (...) et a paguey de vosos dineiros propios, os quaes ditos quatro mjll et quinẽtos morauidís (..) que eu así pagey porla dita casa vós me destes et pagastes et eu de vós rreçebị para pagar a dita casa, por ende eu, o dito Garçía Queijo, de mjña propia et libre voontade (...) o quito et tiro et desapodero e en vós, o dito Pero da Valiña et ẽna dita vosa moller et en todas vosas et súas voses, o poño, çedo et traspaso et rremouo por esta presente carta de çesión et traspasamento que vos delo dou et outorgo en lugar de senorío et posisón corporal".
________ 9.- carta de yguala. 'Documento de axuste, avinza, acordo. Pacto contractual entre dúas persoas'. Cfr. Barreiro Construcción, páx. 59. Documento 57 (1478) "Sepan quantos esta carta et contrabto de yguala virẽ como eu, Mariña Pellaes, (...) que presente sõo, por rrazõ que vós (...) agora novamente leuãtades hũas casas novas jũto et a par das mjñas casas (...) et me rrogastes que eu vos dese lugar para que podesedes pousar cõ as traues das ditas vosas casas ẽna parede das ditas mỉas casas, et por vos dar os ditos pousos me satisfariades a vista de ofiçiaas. Por ende eu, a dita Mariña Pellaes, de mjña propia et libre voõtade (...) quero et me plase que vós (...) pousedes et ajades os pousos para poer et pousar cõ as traues das djtas vosas casas ẽna parede das ditas mjñas casas".
________ 10.- carta de concanbia. O cambio ou troco é un 'contrato imnominado que consiste na entrega dunha cousa a cambio doutra'. No Dereito romano é un negocio xurídico, en virtude do cal unha persoa transfire a outra a propiedade dunha cousa a cambio da recíproca propiedade que ela recibe da outra (cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. permutatio. Para maior ampliación sobre este tipo de contrato, cfr. Carrasco Partida V, páxs. 93-101). Documento 60 (1484) "Sepan todos quantos esta carta de concanbia vieren...". É un documento que está escrito en castelán, por iso non poño o resto do contexto.
________ 11.- carta de çenso. 'Contrato polo que se suxeita un inmoble a pagar unha pensión anual, como interese e recoñecemento do dominio'. Hai varios tipos de censos, e neles cambian as condicións, coma no perpetuo, que é este documento. Tratarei con maior amplitude isto, s.v. çenso, {perpetuo} Documento 65 (1494) "Sepan quantos esta carta et escriptura de çenso viren como nós (...) outorgamos et conosçemos que, nõ seendo costringidos por força njn jnduzidos por engano, antes de nosas propias, lybres et expontáneas voontades (...) para senpre vos açensuamos et damos en çenso et por nome de çenso perpetuo a vós (...) conuén a saber, que vos açensuamos a nosa casa, con seu sótõo et sobrado (...) porla qual dita nosa casa que vos así açensuamos vós, o dito Gomes Gonçalues, (...), vosa moller, et vosos herdeyros et suçesores nos avedes de dar et pagar a nós et a nosos herdeyros et suçesores para senpre, en cada vn ano, noventa et tres morauidijs (...) pagos por cada día de San Juã de juyo (..) et sen desconto do suso dito avedes de teer a dita casa en bõa rreparaçón et nõ avedes de vender njn penorar, poer njn traspasar este dito çenso en persoa alguna syn prjmeyramente nos rrequjrir (...) sy o queremos (...) et nõ a querendo, que entón o posades fazer a tal persona que seja llana et abonada et tal que nos dé et pague en cada vn ano, a nós et a nosos herdeyros et suçesores, os ditos noventa et tres moravidijs vellos, pagos (...) por cada día de San Juã de juyo, et teña, cunpla et guarde o contyúdo en este contrabto de çenso, (..) et pagando vós (...) prometemos de vos nõ tyrar njn qujtar este dito çenso por máys rrenta njn menos njn (...) que outra persona por el nos queyra dar (...) et alegáremos que en elo ouvo et ha engano (...) antes prometemos et nos obligamos de voslo fazéremos et que vos será feyto sãao et de paz a dereyto de qualquer persona (...) que voslo ocupar ou enbargar qujseren, sub obligaçón de nosos bees móveles et rraýzes, avidos et por aver, (...). Et nós (...) así rresçebemos este dito contrabto de çenso et prometemos et nos obligamos de dáremos et pagáremos a vós, (...) os ditos noventa et tres morauidijs vellos en cada vn ano por cada día de San Juan de juyo ao dito térmjno, et nós et eles teéremos, guardáremos et cunplíremos as outras maneyras et condiçõos susoditas, sub obljgaçón de nosos bẽes (...) para elo obligamos, et queremos (...) nós, as ditas partes, que qualquer de nós que contra o que susodito he for ou pasar et o así nõ touer, guardar et cunplir, peyte et pague por pena aa outra parte que o tover, cunplir et guardar tres mjll morauidijs (...) todavía este dito contrabto de çenso et as cousas en el contyúdas fiquen firmes et vallan para todo senpre. Eu, Jácome Yanes, notarjo público jurado (...) ao outorgamento deste contracto de çenso (...) cõ os ditos testigos presente fuy et aquí ben et fielmente fise escripujr et meu nome et signo poño (...) en testemoyo de verdade".
________ 13.- carta chaa, 'contrato de venda sen cláusulas ou disposicións especiais, contrato común, sinxelo'. Chaa, 14.13 (1395) "que eu conprey de Aras Fernandes, ssegundo que se contẽ em hũa carta chaa feyta de venda por Afonso Monyz, notario".
________ Cartas de rrey son 'cartas reais nas que se concedía algún privilexio'. Documento 10.109 (1390) "et doutra qualquer guisa que seiã et a todo foro et vso et custume et priujlegios et cartas de noso señor o papa et de noso señor el rrey et de noso señor o arçibispo de Santiago et doutro qualquer señor et prínçepe"; 25.43 (1409) "et d' outra qualquer guisa que sejan et a todo foro et vso et custume et priuelegios et cartas de rrey et señor et prínçipe, gaanadas et por gaañar, et a tódalas outras rrazões et defensões et dereitos que en cõtrario desto sejan que me nõ vallan en juízo, nẽ fóra de juízo". {Cfr. s.v. aluala, enpeño}

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
carta
f. s. f. Carta, papel escrito e ordinariamente pechado que unha persoa envía a outra para comunicarse con ela: "sabede que reçeby vosa carta que me enbiastes e entendi ben o que me escrivistes" (8409, 8403, 8419, 8426, 8432). // 2. Carta mesajeira, aquela que se envía a unha persoa ausente: "por quanto oje este dia lles fora mostrada hua carta mesajeira que noso sennor o arçobispo de Santiago don Lope lles enviara" (2070); tamén carta mensajeyra (2512). // 3. Carta, instrumento público ou privado, despacho ou documento: "Et agora sabede que (...) vay ou envia ao que esta carta vos mostrara con suas mercadurias por alguas partes dos ditos reynos et sennorios et trager outras para esta dita çidade porque vos disemos da parte do dito sennor rey et vos rogamos da nosa que gardando o dito privillegio et o que o dito sennor rey por el manda non tomedes nen prendades nen enbargedes nen consintades tomar nen prendar, nen enbargar ao dito (...) ou ao que por el esta carta os mostrare cousa algua do seu que levar ou trouxer" (19, 26...9246). Outras formas: cartas (161...8714). // 4. Carta de conoçemento ou conosçemento, véxase CONOSÇEMENTO. // 5. Carta de creença, véxase CREENÇA. // 6. Carta descomoyo, véxase DESCOMOYO. // 7. Carta de doaçon, véxase DOAÇON. // 8. Carta de livramento, mandamento de pago, escrito polo que se ordena a satisfacción dunha contía a aquel que ten fondos de quen o asina: "diseron que por quanto por parte de Fernan Aras Xarpa, lles era mostrada hua carta de livramento de mill et seisçentos moravedis de moeda vella dos marquos de noso sennor el rey, os quaes del ten en merçed o dito Fernan Aras, librada a dita carta por Fernan Gonçalves, recabdador este anno enna dita çidade; por ende que mandavan (...) que dese et pagase ao dito Fernan Aras os ditos mill et seisçentos moravedis et que reçebese del a dita carta de livramento" (386, 394, 3165, 5308). Outras formas: carta de libramento (1305, 1791, 2771, 2785, 2795). // 9. Carta de livrança, o mesmo que carta de libramento: "que desen e pagasen a Fernan Ares Xarpa os mill et seisçentos moravedis (...) librados enno dito conçello este dito anno, et que reçebese del a carta de livrança que lle avya dado Fernan Gonçales, recabdador" (468). // 10. Carta de merçed, despacho real polo que se concede unha dádiva en forma de emprego, renda ou privilexio a un ou varios vasalos seus: "os quaes moravedis diseron que fora nesçesario de tomar para enbiar a casa de noso sennor el rey sobre rason de çertos privylegios e cartas de merçed que del entendyan de gaanar e aver para onrra e proveyto das ditas confrarias e vigarios e confrades delas e dos moradores e visinnos da dita çidade" (8930). // 11. Carta de obligaçon, documento notarial ou privado no que se recoñece unha débeda ou se promete a súa satisfacción ou pagamento: "e outrosy que pagase a Pero Alonso e a Ruy Martines, notario, os moravedis de seus selarios e pagase mays ao dito Pero Alonso, viinte e quatro froliis que lle devia o dito conçello por carta de obligaçon" (9176). // 12. Carta de pago, instrumento público ou privado onde alguén confesa que se lle fixo pagamento dunha débeda ou de parte dela: "que dessen et pagasen ao dito Diego Lopes (...) dous mill moravedis (...) cada uu a medade, et tomasen carta de pago do dito Diego Lopes (...) et con ela et con este mandamento lles seerian reçebidos en conta os ditos dous mill moravedis" (534, 552, 604, 691, 1289, 1348, 1527, 1559, 1612, 1648, 1735, 1837, 1869, 1947, 2387, 2425, 2840, 2889, 3638, 3660, 3710, 3735, 4347, 4369, 4440, 4495, 4646, 4660, 4675, 4695, 4739, 4802, 4843, 4847, 4875, 4879, 4902, 5131, 5355, 5559, 5662, 5722, 5867, 5918, 5956, 6055, 6323, 7273, 7507, 7510, 7545, 7623, 7697, 7764, 7860, 7982, 7995, 8244, 8301, 8722, 8741, 8998, 9018). Outras formas: cartas de pago (2253, 2297, 2301, 2387, 2425, 4862, 5559, 5867, 7324, 7544, 8294, 8722, 8741). // 13. Carta de pennora, documento onde se manda a execución do acto xudicial polo que se tiran os bens do debedor insolvente: "Iten que destes vos o dito Gil Peres a Rui Martines, notario (...) por hua carta descomoyo porque pagasen por outra carta de pennora para que os pennorasen, dose moravedis" (4014); tamén cartas das pennoras { carta da pennora} (7440). // 14. Carta de poder, instrumento no que consta a facultade que unha persoa concede a outra para que no seu lugar e nome poida executar algunha cousa (cfr. ABTORIDADE): "et espeçialmente damos poder aos ditos nosos procuradores et a cada uu deles insolidum, porque por nos et por noso nome posan paresçer et parescan ante noso sennor el rey (...) Et porque esto seja çerto outorgamos esta carta de poder por ante notario publico et testemoyas a juso scriptas" (198, 624, 990, 2439, 5856, 6483, 6488, 6966, 7033); tamén cartas de poder (6509). // 15. Carta de procuraçon, o mesmo que carta de poder: "Sabean quantos esta carta viren que eu Juan Peres, alfayate, vezinno e morador enna çidade de Santiago et procurador que soo de Nuno Gonçales de Vilarinno, escudeiro do Deantado de Galiza, por carta de procuraçon signada de notario publico, da qual thenor he este que se sige: Sabean quantos esta carta de poder viren conmo eu Nuno Gonçales de Vilarinno..." (5855, 8751). // 16. Carta de recudimento, despacho e poder que se lle dá ó fiel ou arrendador para cobra-las rendas que están ó seu cargo: "os quaes moravedis, o dito Johan Peres avia de recabdar en nome de Nuno Gonçalves de Vilarinno, escudeiro do dito endeantado, ao qual o dito endeantado librara os ditos moravedis enno dito conçello por sua carta de recudimento, firmada de seu nome" (598); tamén carta de recodimento (604, 683). // 17. Carta de repartimento, documento onde se establece a derrama ou reparto dunha carga impositiva entre os veciños: "que dese a min o dito notario dose moravedis por meu selario da carta de repartimento que o sennor arçobispo feso de çertos moravedis en çertos conçellos de seu arçobispado" (477, 486, 1611, 3637, 3938); tamén cartas de repartimento (3942). // 18. Carta de rogo, escrito no que se pide, roga ou suplica algunha cousa: "diseron que por quanto alguos vesinnos da dita çidade foran pennorados et enbargados enno Ribeiro da Avia por Rodrigo de Sandoval, et por outros alguos por seu mandado, et o dito conçello se querelara delo a noso sennor o arçobispo, o qual lle mandara dar suas cartas de rogo para o dito Rodrigo de Sandoval (...) sobre rrason da dita pennora" (4389). // 19. Carta de toma, documento no que se establece a imposición dunha renda ou tributo: "por ende que mandavan et mandaron de parte do dito sennor arçobispo aos fiees que eran postos ennas rendas contiudas enna dita carta de toma que repartisen os moravedis contiudos enna dita carta ennas ditas rendas segundo que enna dita carta era declarado" (1342, 1325, 1330, 1342, 1348, 7330, 7599, 7603, 7618, 7622); tamén cartas de toma (2227, 2234, 2247, 2253, 2257, 2280, 2294). // 20. Carta de veçindade ou carta de visinança, despacho ou título que se lle daba a alguén para que fose recoñecido como veciño dalgunha cidade, vila ou lugar, e podese polo tanto gozar dos dereitos e privilexios correspondentes: "Nota da carta de visinança que se ha de dar aos visinnos da çidade quando van con sus mercadurias a alguas partes do Regno" (1); "Et eu Ruy Martines, notario sobredito por mandado do dito conçello fis scripvir esta carta de veçindade et puge en ela meu signo en testemoyo de verdade que tal he" (40); tamén carta de vesindade (32).

K. M. Parker (1958): Vocabulario de la Crónica Troyana. Salamanca: Universidad.
carta
f. f. carta; letter: rogoulle que enviasse suas cartas a todas las suas gentes mellores, I 93.6, II 216.18.

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
carta
plur. 'carta, escrito, documento, mandamiento real ' , del lat. CHARTA (REW 1866): carta 57.1 "da - que enviou papa Joham a el rrey", 58.8,20, 127.48,53 "fezo logo scripuir hũa carta... a - que enuiou a reyna", 149.77, 184.45,48, 185.59,74,77, 186.81,82,84, 252.39, 319.26,29, 377.39, 495.1,3,5, 496.22,24, 497.2, 506.10 (c. 341), 507.17,20, 516.12,17, 521.16, 524.5 "disse que llj fezesẽ ende - et que a reuorassem cõ seus numes", 530.6,10,21,22,2, 531.8, 532.10, 533.6 (c. 364), 553.6,9 "escripueu hũa - con sua mão do que auia... leerõ esta - ante o Çide", 604.3,4, 697.6 (c. 478), 698.7,8, 728.51, 763.23,25 (c. 520),9,12, 765.23, 771.1 (c. 531), 812.189, 898.1,7 (Ap. A) "a - para a exertelladura", carrta 58.10. El plur. cartas a veces equivale al sing. Aparece en 60.6 "as - do papa", 88.9 "enviou logo muytos porteyros cõ suas - per toda a terra", 88.18,19, 97.6, 127.31 "fezerõ suas - partidas per A.B.C.", 138.9, 142.8, 146.9, 147.14, 149.75 "et - a y delo ontre mỉ et uos", 184.36,37, 246.46,49,50,52,53 (=sing. ), 259.40, 275.7, 311.14 (c. 179),3 "as - del rrey" (= sing. ), 318.10,12,13,16, 319.19 (= sing. ), 338.14,22, 339.3 (= sing. ),8, 341.48 (= sing. ),54, 356.16,18 (= sing. ), 374.13, 380.22,33 (= sing. ), 392.3 (= sing. ), 402.4 (c. 250), 414.2, 416. (=sing. ), 444.16 (= sing. ), 471.5 "fezolle preito et jura cõ - muy firmes", 477.12 (c. 316) "deulle Cũca... cõ muy boas - ", 487.10, 490.25, 492.5 (= sing. ), 507.23, 532.4,11, 560.36 "desto mãdo que uos dem mhas - ", 561.38 "deullj seu porteyro con suas - ", 575.29 (=sing. ),32, 631.4,9,20, 642.10 (= sing. ), 651.5 (= sing.! ), 665.7,9, 689.25 "sse chamaua ẽnas - rey d' Espana", 698.11 (= sing. ),14, 758.2, 769.11 (=sing.! ), 776.4 (=sing. ), 808.89 (=sing. ), 813.216 (=sing. ). En textos romances desde el s. XIII: F. Caldelas "faço karta de donacion... cum mias mãos propias esta karta roboro" (Salazar 15.7, 21.9); a. 1254 "conocida cousa sea a quantos esta carta viren" (Sponer 116.1); a. 1256 "mandamos ende fazer duas cartas partidas per abc" (id. 117.17); a. 1257 "entõ o juiz deu sa carta aos alcaydes de Mogardos" (Salazar 23.2); a. 1260 "si algũ ome contra esta carta quiser uijr" (id. 30.5), etc.; CSM 3.1 "como santa Maria fez cobrar a Theophilo a carta que fezera cono demo", etc. (Mettmann Gloss. CSM 54); a. 1290 "a quantos esta carta virem" (Duro p. 161); a. 1290 "que esta carta escrivi... a quantos esta carta virem" (id. 162); a. 1294 "sabean quantos esta carta virem" (id. 163; también 164, 165, 166, etc., etc.); Cr. Troyana "rogoulle que enviasse suas cartas a todaslas suas gentes" (I, 93.6); Cr. 1344 "quando el rey dom Afonso vio as cartas do papa" (III, 459). Abundante documentación en Elucidário (2.a ed. I, 167a-9a; ed. Fiúza II, 74a-76b) y Morais. Para el cast. véase Pidal Cid II, 559-60; Dicc. Hist.; Tilander F. Aragón 299-301; Gorosch F. Teruel 467.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{carta}
.- CARTA (520b: 1274): 1254 "quantos esta carta viren" (Sponer p. 116.1); 1256 "mandamos ende fazer duas cartas" (id. 117.17).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
carta
s. f.: s. f.: 64.18 por hũa carta de seu sennor que lle chegou; 65.92, 97.43, 115.188 || documento, contrato: 3.1 como Santa Maria fez cobrar a Theophilo a carta que fezera cono demo, u se tornou seu vassalo; 48 (M) Como o cavaleiro deu aos monges a carta do herdamento con seu seelo; 377.22 El-Rey... mandou que sen tardada / a carta desta merçee aberta lle fosse dada; 386.35 || carta de pẽedença : cédula de confissão: 305.1 || carta de soltura : documento em que se declara a remissão de uma dívida ou de uma pena: 305.43 || carta de petiçon : petição, requerimento: 305.43 meterei i femença / se é carta de soltura ou se é de petições.

M. Rodrigues Lapa (19702): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia ["Vocabulário galego-português", pp. 1-111].
carta
= confissão de divida, hipoteca (?): {Johan Baveca} Fazede vós qual / carta quiserdes sobre min 189.20, 23, 25; 153.3.

K. M. Parker (1977): Vocabulario clasificado de los folios gallegos de la Historia Troyana. Illinois: Applied Literature Press.
carta
f. f. carta; letter: enviarõ logo outrosi seys mãdadeyros cõ suas cartas a el rrey, 20.32, 33.19, 56.1.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
carta
karta
subst. .- subst. 'carta, documento de compra, venta o donación'. Del latín CARTAM; a. 1257 "entõ o juiz deu sa carta aos alcaydes de Mogardos" (23.2), 23.19; a. 1258-61 "sobresta razõ sa carta feyta" (31.11), 33.5,7,8,14,16, 34.3, 36.24, 39.5,6,7,9,9,10,14,15,18, 40.3,5, 41.12,14,15,20, 43.3,16,17; a. 1259 "facta carta sub era de" (27.9); a. 1260 "Si algu ome contr esta carta quisser passar" (28.11), 28.12-13,13, 30.3,5,6,7; a. 1265, 49.6, 50.5,7,8, 51.5,7,9, 52.1; a. 1268, 53.2, 54.11,13; a. 1269, 55.2, 56.18,19,25, 57.1; a. 1270, 57.5,15, 58.3,6,8,16; a. 1271, 59.2,15, 60.1,4,17, 61.13,19, 62.7; a. 1272, 63.15,17; a. 1273, 64.18, 65.1; a. 1274, 65.10,13, 66.8,12,13,23; a. 1275, 67.2,15, 68.1,3,16, 69.13,21, 70.5, 71.3; a. 1253-54 "et as cartas et o preyto todo" (14.11); a. 1258-61 "essas cartas foron liudas" (41.15); a. 1265, 51.17-18,21. También aparece la forma karta: a. 1228 "faço karta de donacion" (15.7), "esta karta roboro" (21.8); a. 1262 "Feyta a karta en Torneyros" (48.25).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
carta
f. f. "Carta, documento".
____ carta (161): "Carta de nuçõ" 53, 61, 106, 120, 143, 182, 192, 261, 268, 303, 329, 343, 358, 365, 384, 400, 447, 450, 455, 464, 489, 508, 511, 516, 556, 558, 565, 567, "outorgou carta firme e forte" 585, 594, 607, 619, 683, 695, 717, 730, 738, 768, 781, 837, 859, 864, 866, 880, 881, 891, 904, 918, 933, 938, 948, 954, 971, 982, 1010, 1024, 1081, "traiga ao dito Johán París carta por donde sea libre e / quito" 1093, 1093, 1126, 1135, 1163, 1181, 1183, 1185, 1200, 1202, 1299, 1315, 1334, 1343, 1367, 1368, 1402, 1411, 1413, 1428, 1429, 1441, 1464, 1467, 1472, 1477, 1538, 1541, 1542, 1547, 1577, 1603, 1615, 1635, 1642, 1646, 1682, 1701, "noteficou esta carta ao dito Sueyro Gomes" 1746, 1749, 1749, 1753, 1754, 1811, 1816, 1819, 1842, 1844, 1853, 1859, 1861, 1869, 1967, 2028, 2036, 2048, 2053, 2063, 2071, 2105, 2112, 2127, 2134, 2143, 2161, 2165, 2167, 2180, 2189, 2199, 2202, 2204, 2207, 2210, 2214, 2222, 2228, 2233, 2244, 2247, 2247, 2363, "testigos desta carta" 2381, 2388, 2415, 2426, 2438, 2458, 2468, 2472, 2475, 2498, 2519, 2577, 2582, 2600, 2623, 2624, 2682, 2683, 2706, 2796, 2809, 2875; cartas (20): "outorgarõ cartas firmes" 390, 818, 1057, 1087, 1164, 1183, 1233, 1263, 1433, 1515, "dar carta ou cartas / de pago" 1967, 1995, 2016, 2244, 2343, 2526, 2572, 2629, "tijña dúas / cartas en pulgameo" 2738, 3024.
________ Do lat. charta "papel", e esta do gr. khártēs "papiro", "papel". Documéntase en textos romances galegos desde o séc. XIII: carta en 1254 (Lorenzo Crónica s.v.), anticipando a data do DELP (1274).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL