____ | ____ |
b) çenso perpetuo, 'imposición feita sobre bens raíces, en virtude da cal o comprador queda obrigado a pagar ó vendedor certa pensión ou canon cada ano, contraendo tamén a obriga de non poder allea-la herdade que se comprou con esta carga, sen dar conta primeiro ó señor do censo, para que use unha das dúas accións que lle competen: ou tomala polo mesmo prezo que outro der, ou recibir unha parte convida de todo o prezo; pero aínda que non pague o canon algúns anos ou venda sen permiso non cae en comiso, agás que se pacte expresamente'. Perpetuo, "outorgo e conoço que aforo e dou en foro e çenso perpetuo para senpre jamays a vós, Fernand Vidal (...) que presente estades, que aforades para vós e para vosa moller (...) toda a mjna parte e quinõ que eu ey e me perteçe das casas, sótõo e sobrado" 56.12 (1477); "por nós et por nosos herdeyros et suçesores para senpre vos açensuamos et damos en çenso et por nome de çenso perpetuo a vós, Gomes Gonçalues, corrieyro, e vosa moller (...) et a todos vosos herdeyros et suçesores para senpre (...) que vos açensuamos a nosa casa, con seu sótõo et sobrado" 65.9 (1494); "outorgo et conosco que por myn e por todas mynas vozes et herdeyros que aforo et dou en foro e çenço perpetuo para senpre jamays a vós, Rruy de Biojo (...) o meu terrẽo et herdade" 66.6 (1497); "et afórovos et dou ẽno dito foro e çenço perpetuo para senpre jamays o dito terratorio et herdade sobredita" 66.19 (1497). Perpetuu, "que presentes estamos, anbos en hũu acordo et cõsello, que fasemos por nós et por todas nosas vozes, aforamos et damos en aforamẽto perpetuu para todo senpre a vós, Rroy Soneira et a vosa moller (...) que aforades toda hũa nosa herdade" 31.6 (1417); "aforamos et damos en aforamẽto et çenso et por rrazõ de çenso perpetuu d' oje este dito día endiante para todo senpre jamays a vós (...) aquela nosa meetade de aquelas casas, sótõo et sobrado que estã ẽna rrúa da Praça da dita villa" 51.10 (1463). Cfr. carta6,11 e çenso2. |