conta
| f. |
s. f. Conta, acto e efecto de contar, calcular, cómputo, relación ou razón composta de varias partidas que ó final se suman ou restan, e por extensión o papel ou documento onde se contén esta razón: "O dito conçello (...) mandaron a Gil Peres (...) que pagase a Gonçalvo Rodrigues, (...) os seisçentos moravedis et sasenta et tres moravedis et medio (...) que emprestou ao dito conçello para çertos menesteres que lle requeriron et que garde a conta que o dito Garçia Rodrigues dou enno dito conçello en conmo et para que et para quaes cousas avya enprestado os ditos seisçentos saseenta et tres moravedis" (548, 6078, 6293, 6728, 6733, 8368, 9024, 9033). Outras formas: contas (3429...7359). // 2. Por conta de, por razón de: "que dese e pagase (...) dusentos e noventa movavedis, (...) que o dito conçello lle devya por conta do seu selario do anno pasado" (4731). // 3. Conta con pago, expresión que denota que alguén ó tempo de face-las contas do que tivo ó seu cargo, pon de manifesto o que importa o alcance delas e fai efectivo o dito importe: "para que os taes fiees desen conta con pago de todo o que rendesen as ditas rendas" (1151, 1198, 3094, 3134, 3197) {cfr. CON}. // 4. Dar conta, dar razón de administración pecuniaria ou de oficio: "feso juramento (...) de gardar proveyto do dito conçello (...) e para dar boa conta, leal e verdadeira e pagar ao dito conçello" (8788, 9027). // 5. Aver conta, face-la conta: "mandaron a Nuno Vinagre, procurador do dito conçello, que era presente, e a Juan Raposo, que era absente, que ouvese conta con Afon da Cana, servente do dito conçello e lle pagasen o que fose achado que lle era devido de seu salario" (7800, 8367). // 6. Reçeber conta, acepta-la razón que se dá da administración dos diñeiros que se deben ou recadan: "reçebemos de vos (...) procuradores que fostes (...) boa conta, çerta, leal e verdadeira asi por lo graande conmo por lo miudo" (3794, 6114, 7365). // 7. Tomar conta, examinar e comproba-la conta que alguén presenta ou se lle esixe: "O dito conçello, alcalles, jurados e regidores, deron poder a Pero Eans Abraldes e a Juan Ares da Canna que con os procuradores da dita çidade tomasen conta de Alvaro Gil e Pero Leiteiro, procuradores que foron o anno pasado" (5614, 8801, 8806, 9030, 9156, 9178, 9189). // 8. Carregar en conta, incluír unha contía ou partida determinada na conta dunha persoa: "por quanto diseron que lles foran e eran carregados os ditos moravedis en sua conta" (4842). // 9. Dar en conta, axuntar unha contía de diñeiro, normalmente adiantada ó débito do que toma a conta: "Iten que destes en conta vos o dito Gil Peres que gastarades en custos miudos por nos que non escrivirades que eran seseenta moravedis" (4130, 4181, 7476, 7481). // 10. Pagar para en conta (et en pago), pagar para amortizar, para descontar do total que se debe: "reçeby (...) des mill moravedis (...) os quaes me pagastes en nome do dito conçello para en conta et en pago dos viinte mill moravedis da dita moneda con que o conçello (...) serveu ao dito sennor arçobispo" (2314, 2900, 6863). // 11. Reçeber en conta (et en pago), admitir algunha partida ou contía de diñeiro como parte do pagamento do que se debe: "et que mandavan que fosen reçebidos en conta ao dito Garçia Rodrigues os ditos moravedis" (227...9019). Tamén, reçeber para en conta (et en pago): "os quaes moravedis reçeby para en conta et en pago do selario que tenno do dito conçello" (2114). // 12. Tomar en conta e paga, admitir no débito unha contía determinada e facela efectiva: "e cada huun deles se reçeavan que lles non fosen tomados en conta e paga os taes moravedis por los alcalles e regidores e procuradores da dita çidade, e querian delo seer seguros" (8934, 8942). |