____ | ____ |
Do lat. cūra "coidado, solicitude"; de aquí ben a acepción de "parroquia": o beneficio con cura é semellante ó beneficio curado do castelán "o que ten obriga anexa de cura de almas"; ó párroco asignóuselle esta denominación por ter ó seu cargo a cura de almas ou coidado espiritual dos seus fregueses. A acepción máis antiga, "coidado", testemúñase no XIII, nas CSM, e dura ata o XV. A segunda, "parroquia", está tamén no XIII, nos Cancioneiros, e a terceira, "sacerdote", aparece no XIV. Finalmente, "curación", desde o XIV (ás veces no sintagma clérigo cura, Tato Santiago s.v., vid. infra cureyro), en Cr. Troyana (Lorenzo Crónica s.v.). Estas dúas últimas acepcións son as que perduran hoxe. |