logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra DOAÇON como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
doaçon
donaçon
donaçion
doaçõ
donaçõ
doaçiõ
subst. subst. 'doazón, acto de espontánea liberalidade polo que unha persoa transfire a outra unha cousa'. É un negocio xurídico mediante o cal unha persoa cede voluntariamente os seus bens ou parte deles. Condición indispensable é que o doador actúe en completa liberdade para que o compromiso adquira obrigatoriedade. Xunto a este termo aparecen determinados adxectivos ou verbos: rreuocable e rreuoquar 'que non se pode deixar sen efecto'; pura 'que non inclúe ningunha condición, excepción ou restricción nin prazo'; justa, libre, sãa, etc. 'de plena eficacia xurídica'. Doaçón, 12.20 (1394) "dóuvosla et dõo en pura et justa doaçón para senpre"; 13.34 (1395) "así como doaçón máis firme pode seer de dereito máis valer ontre vjuos"; 15.32 (1395) "et dou en pura et justa doaçón para senpre"; 29.39 (1415) "doamos en pura et justa et saan doaçón para todo senpre"; 34.7, 14, 22, 41 "nõ vijr contra esta dita doaçón nẽ a rreuoquar en vjda nẽ en morte", 50, 53 (1434); 35.14 (1422) " Francisquo Marino, lle dera en doaçón a medade do dito forno"; 35.21, 23; 40.31 (1440); 42.14, 22, 25 "por esta presente carta de doaçón", 46, 49; 45.5, 7, 9, 19 (1448); 55.8 (1476) "outorgo en pura et ljbre et saa doaçón et por jur de herdade, segũdo que doaçón mellor et máys cunpridamente pode et deue seer dada et de dereito máys valer ontre byuos"; 55.21, 42, 44, 49, 59, 62, 75; 59.33 (1482). Doaçõ, 3.16 (1342) "et sse máys val, dámosuollo en doaçõ". Con esta grafía hai 32 ocorrencias vid. listado s.v. doaçõ. Donaçõ, 58.41 (1480) "outorgo en pura et justa donaçõ para senpre, porque me plaze"; 64.7 (1493), 52 "rrenũçio et parto de mỉ la abçión et exençión de engano et de jngratidũ et ao dereito que diz que a donaçõ feita entre vibos de máys cantidad de quinẽtos soldos que nõ valla". Donaçón, 64.49 (1493). Donaçiõ, 64.34, 70, 73 (1493); 69.42 (1503). Donaçión, 63.40, 41 (1487); 64.6, 37, 41, 55 (1493); 67.66 (1499) "e sy máis val esto que así vos vendemos que a dita contía, toda esa demasía que máis val vosla damos en pura e libre donaçión nõ rreuocable entre vibos". Doações, 17.14 (1397) "a nós perteeçẽ por doações et conpras que dellas fezemos". Para completa-la información sobre este termo, cfr. s.v. carta5 e cantidad.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
doaçon
f. s. f. Doazón, transmisión ou cesión gratuíta dunha cousa que lle pertence a alguén a favor doutra persoa que a acepta: "damosvos et outorgamos en pura et livre doaçon por jur de herdade doje este dia endeante para senpre o terratorio que jas enna Praça de Maçarelas" (1407...1087). // 2. Carta de doaçon, escritura feita perante notario e testemuñas para doar algo: "Feita et outorgada esta carta de doaçon enno dito lugar, anno dia et mes sobreditos" (1087).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{doaçon
doazon
donason
donaçon}
.- DOAÇÃO (732b: 1287 doaçam, 1305 doaçõ): 1257 "esta doaçon... et ista doaçon seia firme" (Sponer 128.10, 14); 1265 "esta doaçon" (id. 130.10); 126... "de conpra et de ueruo e de doazon" (id. 163.3); 1272 "que a conpraran et gáánaran por donason" (id. 132.9); 1272 "dou en donaçon" (id. 154.2), etc.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL