logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra agra como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.14 Rows
- Número de acepcións atopadas: 14.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (10), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
agra
subst. .- subst. 'terreo de labradío de grande extensión no que poden posuír varias persoas leiras, tallos, árbores froiteiras e incluso agros'. Este termo está intimamente relacionado con agro, pero é comunmente recoñecido que existen tres diferencias fundamentais entre eles:
____ 1.- A agra é de maior extensión có agro.
________ 2.- O tipo de cultivo sería diferente, no agro sería de tipo espontáneo como o breixo, toxo, etc.
________ 3.- A agra sería un espacio aberto, mentres que o agro estaría valado.
________ As conclusións ás que cheguei segundo os documentos do meu corpus son as seguintes:
________ a) a agra é de maior dimensión có agro, pero hai indicios de que este non é tan pequeno como se podería pensar; por exemplo, admite divisións como a sesta parte, o oytavo, a medade, o terço, etc.; pode pertencer a máis dunha persoa (característica da agra), aínda que o maioritario é a pertenza a unha soa persoa, agro de Fernã Sequeiro; finalmente pode ter casaes, o que significa que é unha entidade de poboación máis ou menos habitada, é dicir, é un topónimo, os casaes de Agro Tauãao.
________ b) o cultivo do agro nestes documentos non ten nada que ver con terreos de producción espontánea, pois hai exemplos onde se fala do millo, castiñeiros, pereiras, carballeiras, etc.
________ c) a condición de terreo cercado do agro cúmprese sempre: ese agro he uallado et deuisado. Ás veces incluso aparece como topónimo, Agro Uallado, etc.
________ Hai un caso onde a agra está valada, é nun documento que está escrito, en parte, en castelán. Agra, "fasta yr topar al valado e muro que está entr" el logar de Chaynça (...) por donde se sienpre çerró e choyó la dicha agra" 60.31 (1484). Vid. s.v. agro.
________ Hai 28 ocorrencias, véxase listado s.v. agra. Agra, 26.46 (1412) "jtem en Ameyxeyras dentro ẽna agra de Agro Traseiro que jas en Ameyxyeyras quatro márgẽes"; 28.51 (1412) "o camjño que vay de Ponte porla meedade d' agra"; 28.64; 28.66 "contra hũa carualleira pequena en voca d' agra"; 28.89 "d' agra de Garçía Vellasques"; 31.9 (1417) "hũa nosa herdade que jas ẽna agra que chaman de Sueiro"; 32.122 (1419) "que jas na agra de Çeydón"; 39.95 (1439) "dentro ẽna agra, hũu tallo de tres mjllarías"; 47.37; 47.44; 47.51; 60.22; 60.31 (1484) "sienpre çerró e choyó la dicha agra"; 60.62. Agras, 28.36 (1412) "Jten o quarto das agras anbas de Lodeirõo et da Rraça". Topónimos, Agra Moýño, 26.91; 26.102 (1412). Agra de Ponte, 28.43; 28.123 (1412); 39.147 (1439); 46.65 (1450); 47.17; 47.31 (1450); Chão da Agra, Chaão da Agra, 28.48; 28.49 (1412); Agra, 28.129; Agra de Mar, 33.6 1412); Agra da Rraça, 47.7 (1450).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{agra}
.- AGRA (117b: 1258 topónimo): 906 "in carraria que est inter agra argirizi et agro... de agra astrulfi usque in agra tellili" (PMH Diplom. 9).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
agra
f. f. "Agra, grande extensión de terra de cultivo dividida en leiras ou agros que pertencen a distintos donos".
____ agra (12): "a súa leyra de herdade qu' el teẽ ẽna / agra de Briõ" 917, 2255, 2297, 2671, 2725, 2727, 2736, 2790, 2799, "dúas leyras ẽno / couto de Mjño, que he ẽna agra de Socadio" 2803, 2913, 3011.
________ Fem. de agro (vid.). Documéntase desde o ano 906, aínda que Machado o documenta como top. no 1258 (Lorenzo Cronologia s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL