logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra auãgeos como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.1 Rows
- Número de acepcións atopadas: 1.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
avangeus
auãgeos
euangeus
auãgeus
euãgeus
subst. subst. 'evanxeo, libro sagrado escrito polos catro evanxelistas onde se relata a historia, doutrina e milagres de Xesucristo'. En tódalas ocorrencias dos documentos o evanxeo emprégase no mesmo contexto: nos xuízos, como testemuño de que o xuramento que facían era verdadeiro. Para máis información cfr. s.v. juramento. Avangeus, 27.15 (1412) "faziã juramento aos Santos Avangeus en hũu signal de crus"; 28.18 (1412) "que jurauan et juraron logo en hũu signal de cruz, en lugar dos Santos Avangeus, que con súas mãaos tangeron, en presença de mỉ, o dito notarjo et testigos ynfra escriptos, que eles (...) verdadeiramente disesen et declaras[e]n a verdade"; 32.47; 32.67 (1419) "jurarõ logo aos Santos Avangeus, que con súas mãaos dereitas corporalmente tangeron"; 32.96. Auãgeus, 34.45 (1422). Auãgeos, 1.12 (1332) "per juramento que fazedes per este notario aos Santos Auãgeos"; 26.18 (1412); 42.41 (1445). Euãgeus, 37.46 (1434). Euangeus, 55.55 (1476).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL