audiençia
| f. |
s. f. Audiencia, ocasión para aducir razóns ou probas que se lle ofrece a un interesado, especialmente nos xuícios e procesos: "e eles viinan a darlle audiençia e o non achavan por seer fogido" (5458) {cfr. DAR AUDIENÇIA, s.v. DAR}. // 2. Tribunal de xusticia colexiado que atende nos pleitos ou nas causas de determinado territorio: "este dito dia estando Pascual Gil, (...), bachiller en Decretos, coengo de Santiago e juis enna audiençia do sennor arçobispo de Santiago don Lope" (7873). // 3. Audiencia, sección da curia especializada na administración da xusticia, alto tribunal; a partir do Ordenamento de 1371, as audiencias rexias designan a un tribunal colexiado de oidores e xuíces que asumían na corte a delegación da suprema xusticia persoal do monarca, contra os seus fallos non cabían os recursos de suplicación e alzada: "en noso nome posan paresçer (...) ante os sennores do Consello do dito sennor rey et oydores da sua Audiençia (...) en seguimento de hua apelaçon" (132, 136, 926, 2392). |