chãao
| subst. |
.- subst. 'chan, terreo, pavimento'. É dificil determinar con exactitude en que consiste este termo pola ambigüidade do contexto. Eu creo que pode tratarse do terreo cultivable que está a carón da casa, pois aparece sempre relacionado con ela e con outras pertenzas, como a tella, madeira, pedra, ferro que se gardaban nos alpendres ou noutras construccións adxectivas. Esta interpretación estaría xustificada se se interpretan os demais sustantivos en sentido xenérico, por exemplo, ferro como 'conxunto dos apeiros de labranza'. Cabe tamén a posibilidade de que tella, madeira, ferro, pedra tivesen a acepción máis específica de 'materiais dos que está construída a casa', e chãao pasaría a te-lo significado concreto de 'pavimento ou piso que ten a casa'. Chãao, 40.15 (1440) "a qual casa vos vendo (...) con seu chãao et ferro et pedra et tella et madeira et con seus pousos et ágoas vertes et entradas et saýdas"; 41.19 (1443) "as quaees sobreditas casas vos vendo cõ seu chãao et pedra et ferro et tella et madeyra et cõ seus pousos et ágoas vertes et entradas et seýdas et súas perteesças et dereituras que lles perteesçẽ"; 58.25 (1480) "ditas casas con todo seu chãao et pedra"; 69.22 (1503). Cfr. s.v. ferro. |