M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456]. |
---|
contrabto contracto contrauto {cõtrauto}
| subst. |
subst. 'contrato, escritura, documento'. Este termo ten o mesmo significado e acepcións que carta. Baixo este termo fixen unha definición xenérica de tipo xurídico e outras máis específicas, segundo o tipo de contrato de que se tratase. Para non ter que repetir todo o dito irei remitindo á acepción pertinente. Primeiro poñerei as ocorrencias que teñen un sentido xenérico e despois as que son contratos específicos. Contrabto, 43.56 (1447) "guardar, teer et cũprir este contrabto et as cousas en el contiúdas"; 43.63 "todavía este contrabto et o contiúdo en el fique firme et valla para senpre"; 43.66 "Feito o contrabto ẽna dita vila de Noya"; 44.22, 90 (1448); 48.33, 41, 48 (1455); 57.47, 49 (1478). Contracto, 30.56 (1415) "este dito contracto que pasou por ante Afonso Ballou, meu escusador, aquí bẽ et fielmente fise escriujr et aquí meu nome et signal poño en testemoyo de verdade, que tal he". Contrauto, 55.70 (1476) "rrenunçio ao dereito que diz que en hũu contrauto nõ sean contijúdas dúas penas, pecunjaria et juratoria". Contrabtos, 44.26 (1448) "segũdo que se pasou por dous contrabtos feitos por ante notario público"; 44.92 "Do qual mandamos fazer os contrabtos que a nós, as ditas partes conpriren, todos em hũu thenor"; 50.87 (1462); 51.116 (1463). Cfr. s.v. carta. |
____ | |
Contrabto de aforamento, 31.90 (1417); 50.85 (1462); 51.54, 104 (1463); 54.57 (1472). Cfr. s.v. carta6. |
____ | ____ |
Contrabto de çenso, 51.104 (1463); 65.36, 47, 59 (1494). Contracto, 65.69 (1494). Cfr. s.v. carta11. |
____ | ____ |
Contrabto de yguala, 57.1 (1478). Cfr. s.v. carta9. |
____ | ____ |
Contrabto de venda, 63.3, 34, 50, 64 (1487). Contrauto, 15.58 (1395). Cõtrauto, 13.62 (1395). Cfr. s.v. carta1. |
____ | ____ |
Contrabto de ynouaçõ.- No contexto que aparece só é a renovación dun contrato de aforamento, no que foran incumpridas algunhas das condicións, causa de varios preitos entre o concedente e o concesionario de dito aforamento. 44.22 (1448) "teemos et avemos aforado da dita Ysabela (...) hũu pedaço de herdade, ẽna qual herdade (...) ouveramos de fazer et plantar vjna, et eso mesmo sóbrelo dito contrabto foi feito outro contrabto de ynouaçõ porlo qual fiquou cõsentido que por rrazõ das froytas (...) desemos et pagasemos cada ano (...) çerta cõtía de morauidís, segũdo que se pasou por dous contrabtos feitos por ante notario público". Cfr. s.v. carta6. |
F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
contrabto cõtrauto
| m. |
m. "Contrato, acordo establecido con certas formalidades entre dúas ou máis persoas, polo cal se obrigan reciprocamente a certas cousas". |
____ | |
contrabto (2): "o nõ pode faser segundo a hermẽdade e contrabto que este lugar tẽ cõ Padrõ" 1482, "qualque(e)r / foro ou contrabto que sobre el teuese" 3002, cõtrauto (1): "fazemos avinca e cõtrauto em esta gisa" 2444. |
____ | ____ |
Do lat. contractus, -us. Na Idade Media rexístranse as variantes contrauto no s. XIII (DELP, s.v. contracto), e, noutros textos portugueses, contracto en 1395 e contrato en 1397; nos textos galegos atéstanse as formas evolucionadas contraucto en 1364, e son moi frecuentes co grupo consonántico -bt- de intención cultista contrabto (1418, 1435, 1439 e 1488); a forma moderna, contrato, en 1489 (Lorenzo Cronologia s.v. contrato). Sen embargo, a súa primeira datación é polo menos de 1405 (Martín Ribas de Sil s.v.). A estas variantes cómpre engadir contraupto en 1424 (Martín Ribas de Sil s.v. contrato) e contracto, en alternancia con contrauto, en 1416-1422 (Tato Santiago s.v.). |