logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra corrente como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (3), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRONOLOXÍA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
corrente
corente
{corrẽte}
adx. adx. 1.- aplicado a moedas, 'usual, en uso no momento de que se trata; de curso legal'. Corrente, 30.24 (1415) "deuedes de dar por foro en cada hũu ano ao dito moesteiro oyto morauidís de moeda vella branqua en tres dineiros, ou da moeda corrente, ao tenpo da paga"; 44.58 (1448) "cada ũu ano dez et oyto morauidís de moeda vella branqua, en tres dineiros, ou moeda corrente porlos tenpos que os valla"; 51.37 (1463) "çento et vijnte morauidís de moeda vella, desta moeda vsable que des dineiros fasẽ hũu morauidí, que por elo vós (...) deuedes et avedes de dar et pagar a nós (...) en cada hũu ano et por cada hũu día de Sant Mjgell de setenbro en pas et en saluo, saluados çensuaas et sen descõto algũ, ou moeda corrente porlos tenpos das pagas que os valla forros, quitos et exsẽtos"; 54.26 (1472). Corrẽte, 36.23 (1425); 38.32, 33 (1435) "trinta et sete morauidís desta moeda corrẽte, cõtando a branqua em tres djneyros por morauidí, ou outra moeda corrẽte que os balla". Corente, 50.24 (1462). {Cfr. s.v. usauel}.
____ 2.- aplicado á auga, 'calquera tipo de caudal de auga que se mova'; ó non especificalo, pode ser unha fonte, un rego, un regato, etc. Correntes, 67.21 (1499) "vos vendemos como dito he aquelas casas, sótoos e sobrados que nós teemos (...) ena dita vila, ẽna rrúa que dizen dos Lagares (...) as quaes vos vendemos cõ todas súas entradas e saýdas, perteesças e dereyturas, ágoas vertentes, estantes e correntes, de alto e de bayxo, de ancho e de longo e segundo que agora está çerrada e apartada sobre si".
________ 3.- formando a expresión moente e corrente, 'corrente, usual'. Segundo Corominas é unha frase aplicada propiamente ó muíño que despois se xeneralizou en 'usual, regular' (Cfr. DCECH s.v. Moler). Hoxe a frase corrente e moente ten o significado de 'vulgar; corrente; común; do montón'. Corente, 66.37 (1497) "fezerdes et edyficardes eno dito terratorio algúas molendas para moler faryna eno dito teratorio et rrío en tal maneyra que fagades ou edifiquedes algũa casa ou casas ẽna rribeyra do dito rrío para fazer moíno ou moíños para moyer a dita fariña que seja moẽte et corente que os posades fazer a vosa custa et mjçión".

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
corrente
adx. adx. Corrente, dise dos anos, meses, semanas, etc. cando están a transcorrer, cando son actuais: "çento et çinquoeenta moravedis (...) que el avia de aver do dito seu selario este anno corrente" (1946, 4636).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{corrente}
adj.): .- CORRENTE (683b-4a: XV adj.): 1381 "por çen moravedis desta moneda corrente" (Salazar 123.1); 1439 "das aguas e correntes do mar" (Desc. Portug. 402.19).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL