doaçon donaçon donaçion doaçõ donaçõ doaçiõ
| subst. |
subst. 'doazón, acto de espontánea liberalidade polo que unha persoa transfire a outra unha cousa'. É un negocio xurídico mediante o cal unha persoa cede voluntariamente os seus bens ou parte deles. Condición indispensable é que o doador actúe en completa liberdade para que o compromiso adquira obrigatoriedade. Xunto a este termo aparecen determinados adxectivos ou verbos: rreuocable e rreuoquar 'que non se pode deixar sen efecto'; pura 'que non inclúe ningunha condición, excepción ou restricción nin prazo'; justa, libre, sãa, etc. 'de plena eficacia xurídica'. Doaçón, 12.20 (1394) "dóuvosla et dõo en pura et justa doaçón para senpre"; 13.34 (1395) "así como doaçón máis firme pode seer de dereito máis valer ontre vjuos"; 15.32 (1395) "et dou en pura et justa doaçón para senpre"; 29.39 (1415) "doamos en pura et justa et saan doaçón para todo senpre"; 34.7, 14, 22, 41 "nõ vijr contra esta dita doaçón nẽ a rreuoquar en vjda nẽ en morte", 50, 53 (1434); 35.14 (1422) " Francisquo Marino, lle dera en doaçón a medade do dito forno"; 35.21, 23; 40.31 (1440); 42.14, 22, 25 "por esta presente carta de doaçón", 46, 49; 45.5, 7, 9, 19 (1448); 55.8 (1476) "outorgo en pura et ljbre et saa doaçón et por jur de herdade, segũdo que doaçón mellor et máys cunpridamente pode et deue seer dada et de dereito máys valer ontre byuos"; 55.21, 42, 44, 49, 59, 62, 75; 59.33 (1482). Doaçõ, 3.16 (1342) "et sse máys val, dámosuollo en doaçõ". Con esta grafía hai 32 ocorrencias vid. listado s.v. doaçõ. Donaçõ, 58.41 (1480) "outorgo en pura et justa donaçõ para senpre, porque me plaze"; 64.7 (1493), 52 "rrenũçio et parto de mỉ la abçión et exençión de engano et de jngratidũ et ao dereito que diz que a donaçõ feita entre vibos de máys cantidad de quinẽtos soldos que nõ valla". Donaçón, 64.49 (1493). Donaçiõ, 64.34, 70, 73 (1493); 69.42 (1503). Donaçión, 63.40, 41 (1487); 64.6, 37, 41, 55 (1493); 67.66 (1499) "e sy máis val esto que así vos vendemos que a dita contía, toda esa demasía que máis val vosla damos en pura e libre donaçión nõ rreuocable entre vibos". Doações, 17.14 (1397) "a nós perteeçẽ por doações et conpras que dellas fezemos". Para completa-la información sobre este termo, cfr. s.v. carta5 e cantidad. |