enbargar embargar {ẽbargar}
| v. |
v. 'impedir, obstaculizar, poñer atrancos á execución dunha cousa'. Inf.: Enbargar, 2.27 (1341) "todo jur et posisóm et pro(o)piadade que nós tĩjñamos do dito herdamento de nós o tollemos et em uós llo põemos per esta carta, et deuémosuolla de faser de pas de quenquer que uolla enbargar ou uos em ella feser demãda"; 4.26 (1343) "Et eu deuo uolla de faser de pas (...) de quenquer que uolla enbargar (...) Se uos alguẽ da mĩa parte ou da estrayãa contra esta carta et uẽda uẽer ou pasar (...) peyte a uós (...) por pena, a pena do dobro dos dineiros sobreditos"; 9.28 (1385) "et prometemos et outorgamos de uosla faser de pas (...) de quenquer que uolla enbargar perla mãda do dito (...) a qual uos logo entregamos en pressença deste notario"; 10.100 (1390) "et faséruoslo de pas, liure et desenbargado a dereito de que(e)nquer que uoslo demãdar ou enbargar perlos bẽes do dito moesteiro"; 13.51 (1395) "que(e)r que voslas demandar ou enbargar per mỉ et per meus bẽes, que vos para elo obligo, et so pena do dobro da dita contía, que vos peyte por pena se o así nõ teuer et conprir"; 40.45 (1440) "Et prometo et me obligo de vos anparar et defender cõ a sobredita casa que vos así vendo et vosla fazer sãa et de pas, libre et desenbargada (...) a todo tenpo a dereito, de qualquer persona que vosla ynquietar, demandar ou enbargar, per mỉ et per meus bẽes, que vos a elo obligo, et so pena do dobro da dita cõtía que vos peyte et page por pena, se o así nõ teuer et conprir". Con esta grafía hai 29 ocorrencias vid. listado s.v. enbargar. Ẽbargar, 16.33 (1397); 17.36 (1397); 49.27 (1459). Embargar, 7.20 (1376). Enbargárvoslo, 58.56 (1480); 66.58 (1497). SPres. P3 Enbarge, 1.7 (1332); 5.24 (1345). Enbargue, 3.17 (1342). P4 Enbargemos, 43.53 (1447). Relacionado con este termo, cfr. s.v. demandar. |