logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra juiz como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.9 Rows
- Número de acepcións atopadas: 9.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (5), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), VOCABULARIO 1275 (1), MIRAGRES DE SANTIAGO (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
juiz
juyz
juis
jujz
jujs
juys
subst. subst. 'xuíz'. Polo xeral cando se fala do juíz faise en singular, pois ó ser cabeza do concello e presidente do tribunal formado polos alcaldes foi unha maxistratura unipersoal, mentres que os alcaldes eran varios, aínda que non sempre se segue esta norma. Cfr. Valdeavellano Instituciones, páx. 544. As atribucións do xuíz eran en tres campos: o xurídico, administrativo e militar. Convoca a asamblea veciñal; administra xustiza como presidente dos alcaldes e por último recolle, como intermediario do rei e o concello, as multas ou penas pecuniarias que lle correspondían ó rei. Para maior información sobre o estatuto, funcións e obrigas do xuíz nos municipios municipais vid., Carlé Concejo, páxs. 112-114; Valdeavellano Instituciones, páxs. 544-545; Gacto Población, páxs. 123-126. Aplicado ós documentos estudiados neste traballo fago catro apartados.
____ 1.- 'persoa que ten capacidade legal para xulgar e dictar sentencia nun tribunal de xustiza'. Juíz, "tomado por açesor con o dito juíz ẽno pleito de que ajuso se faz mençón" 46.8 (1450); "ela pedía et rrequiría ao dito juíz" 47.23 (1450); "seseenta para o dito juíz et de seysçentos para o dito moordomo" 47.39 (1450). Juís, "et disso ao dito juís que a ella perteeçía a auer na fijgllesía" 26.8 (1412); "pedía et pedeu ao dito juís que rreçebese del juramento" 26.13 (1412); "de aquí endeante sen liçiençia de juís nẽ de alcallde nẽ de outro ofiçial" 41.50 (1443). Juịz, "sen mandado de alcalde nẽ de juịz nẽ de justiçia nẽ de outra persona" 64.24 (1493). Juịs, "sen mandado de alcallde et de juịs et de justica et de otra persona algũa" 55.31 (1476). Juýz, "fronto et rrequiro Afonso Gonçalues, juýz da Pobra, que me meta ẽno jur et posysóm" 14.15 (1395); 14.19 (1395); 63.21 (1487); "que vos plazerá syn mandamento de juýz nỉ myño mayordomo nỉ alcalde nỉ outra justiçia algũa" 63.53 (1487). Juís "pedýa et rrequiría ao dito juís que, por vertude da dita carta de conpra" 41.81 (1443); "juís ẽna djta villa" 54.69 (1472). Juịs, " Garçía Suares, juịs da vjlla de Muro" 38.3 (1435). Juýs, " Fernã de Fonteveiros, juýs" 41.76 (1443); 41.79 (1443); 41.84 (1443); "sen liçençia nẽ mãdamento de juýs nẽ de alcalde nẽ de mayordomo" 42.31 (1445).
________ 2.- Juíz ordenario; segundo os definen as Partidas eran 'ordinarios jueces son aquellos que han poder de judgar homes a muerte o a pedimiento de miembro por yerro que hayan fecho'. Juíz, "juíz ordenario ẽna dita villa de Noya et en seu julgado" 46.5 (1450); "juíz ordenario ẽna dita villa de Noya" 47.9 (1450). Juýs, "Sábeã todos que ante Afonso Lopes, juýs ordenario na villa de Noya et em seu julgado" 26.3 (1412).
________ 3.- thenente lugar de juíz, véxase s.v. lugar5.
________ 4.- 'xuíz pertencente ó tribunal eclesiástico de xustiza', normalmente era un clérigo. Cfr. s.v. audiençia1. Juís, " Rroy Garçía, cóengo de Santiago et juís na audiençia do señor arçobispo de Santiago" 32.10 (1419); " Rruj Garçía, cóengo de Santiago et juís ẽna audiençia do señor arçobispo de Santiago" 32.16 (1419); "a dita carta do dito Rroy Garçía, juís" 32.61 (1419).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{iuyz
iuit
juyz
iuiz
juiz}
.- JUIZ (1268b: 1264 joyzes): 1209 "juiz que entrare. El iuyz que entrare" (PMH Leges 893, 936); 1242-1252 "et eu iuit dixi" (Salazar p. 7.17); 1253-1254? "a uos juyzes leygos" (id. 14.1 e 14.4); 1257 "o iuiz da terra... juizes" (id. 22.11, 26.20).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
joiz
juiz
s. m s. m.: juiz: 5.9 a guardou do mundo, que lle foi mal joyz; 72.53, 119.1, 235.90 non ouvess'y joyz / que de vida o julgasse || juiz: 70.21, 76.14.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
juyz
juiz
joiz
iuiz
iuyz
judex
subst., .- subst., 'juez'. Del latín JŪDEX; a. 1253-54 "yo Garcia Fernandez uosso juyz" (12.8), 14.4; a. 1275, 70.18; a. 1257 "que fosse responder por ante o juiz" (22.18), 23.1,2,6,20; a. 1258-61, 33.8,11, 39.7,13, 40.1, 41.5,17,25, 42.6,12,15,20,22,24, 43.1,18; a. 1259, 45.4; a. 1265 "dõ Martĩ Soarez joiz de Milide" (51.26); a. 1257 "o iuiz da terra" (22.11); a. 1253-54 "Fernandi judex de Garauaes" (12.4); a. 1253-54 "a uos juyzes leygos d' Ourense" (14.1); a. 1257 "et Johã Dominici juizes" (26.20); a. 1253-54 "que uos querian por iuyzes" (14.9).

M. C. Barreiro (1985): O léxico dos Miragres de Santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
juyz
{juiz}
subst. .- subst. " juez". JUIZ, 38.9 "Et Josephus que era sabedor et nõ queria asi morrer, et fez de si juiz en com̃o se ordenase aquela morte". JUYZ, 33.12 "Et por esto aquel home foi preso et ferido [...] et leuarõno ante o juyz"; 50.2 "Et diserõ que pois que merescia morte, que o fezesen juyz da ynsoa que chamã Ponço".




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL