morauidi
| subst. |
.- subst. 'moeda española que tivo diferentes valores e denominacións'. O marabedí, a maioría das veces, foi unha moeda imaxinaria, é dicir, existiu como 'unidade de conta equivalente, que se aplicou á suma de diferentes especies de vellón'. Outras veces existiu como 'moeda real e efectiva'. O primeiro marabedí que se cuñou en España foi no reinado de Afonso VIII no ano 1172, de donde lle ven o nome de marabedí afonsí. Como unidade de conta tivo moi diversas equivalencias, con Henrique IV (1454-1474) chegou a valer dúas brancas bellas ou tres novas. Cfr. s.v. [enrrique]. Cos Reis Católicos, o marabedí foi a moeda de vellón, tiña no anverso as iniciais F. Y. e no reverso o F. Neste reinado tamén existiu a peza de Catro marabedís, era de cobre, no anverso tiña un castelo e no reverso un león. Covarrubias Tesoro di: "Maravedí, término que se halla, y se usa en el contar; y adviértase que maravedí no significa una moneda singular o particular, ni se ha batido en tiempos de atrás ninguna deste nombre, aunque los años pasados para dividir el ochavo hicieron una monedica que valía dos blancas; y en realidad de verdad maravedí es una suma y quantía que se hace, y conste de monedas menores...". Cfr. Mateu y Llopis, s.v. maravedí e infra s.v. vello. Morauidí, "por çẽto et dez morauidís, de dez dineyros o morauidí, da moeda vusáuelle do rreyno de Castella" 8.25 (1381); "por çento morauidís de brancos, de dez dineyros o morauidí, desta moneda usáuel" 9.18 (1385); "por contía et preço de septeçentos et sesenta et quatro morauidís de moeda vella de dez dineiros o morauidí" 12.12 (1394); "mjll et quinentos morauidís de brancos, de dez djneiros hũu morauidí, desta moeda vsauel do rregno de Castela" 13.26 (1395); 15.27 (1395); 16.20 (1397); 17.20 (1397); "por duzẽtos morauidís da moeda do rrejno de Castella que se agora vsa, que vallem dez dineiros o morauidí, os quaes morauidís eu de uós rreçebỹ em hũa taça de prata" 18.18 (1397). Hai 19 ocorrencias deste termo vid. listado s.v. morauidí. Morauidís, "que uos peyte por pena çẽ morauidís em esta moeda del rrey dom Fernãdo" 1.25 (1332); "conuẽ a saber, por çẽto et dez morauidís, de dez dineyros o morauidí, da moeda vusáuelle do rreyno de Castella, os quaees çẽto et dez morauidís da dita moeda eu de uós rresebỉ en dineyros feytos" 8.25, 26 (1381); "por çento morauidís de brancos, de dez dineyros o morauidí" 9.17 (1385); 9.19 (1385); "ata que leuar bjño quatro morauidís de branquos, moeda do rreyno de Castella" 10.70 (1390); "so pena de dous mjll morauidís desta moeda" 10.126 (1390); "auédesnos de dar para pobrãça çem morauidís desta moeda que oora corre ẽno rreyno de Castella, os quaes çen morauidís nós cõfesamos et outorgamos que logo de vós rreçebý en presença deste notario et testemoyas" 11.16, 17 (1390). Con esta grafía hai 57 ocorrencias vid. listado s.v. morauidís. Morauidijs, "noventa et tres morauidijs de moeda vella branca, en tres dineyros et dez djneyros o morauidí" 65.24 (1494); "os ditos noventa et tres morauidijs vellos en cada vn ano por cada día de San Juan" 65.51 (1494); 65.59 (1494). Moravidijs, "que nos dé et pague (...) os ditos noventa et tres moravidijs vellos, pagos en esta dita çibdad de Santiago" 65.34 (1494). |