F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
pao paao
| m. |
m. 1. "Pao, trozo de madeira, xeneralmente cilíndrico e máis longo ca groso". |
____ | |
paaos (1): "diso que este mjsmo testigo tallara paaos e arcos" 2696. |
____ | ____ |
2. "Pao, madeira, materia leñosa que se extrae das árbores". |
____ | ____ |
pao (1) "Tres ballestas: J de aseyro, IJ de pao" 2535. |
____ | ____ |
Do lat. pālus. Ámbalas formas, a etimolóxica e a da falsa xeminación vocálica, teñen documentación desde o XIII (Lorenzo Cronologia s.v. pau). Hoxe en port. é pau e en gal. vacila entre pao e pau (García GVGH s.v. pau), e aínda que para o estándar se propón a primeira (VOLGa e Dic. LG s.v.) outros diccionarios seguen preferindo pau (Dic. Normativo). En realidade, o VOLGa recomenda a escrita pao por se-la etimolóxica, pois en gal. todo -u > -o, mentres que pau responde á tendencia da fala de converter en ditongo o hiato ao, como no dialectal irmao > irmau, gal. común irmán (Dic. Dúbidas s.v. pau). |