logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra trocar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
trocar
troquar
v. v. 'cambiar, permutar'. Negocio xurídico en virtude do cal unha persoa transfire a outra a propiedade dunha cousa a cambio da recíproca propiedade que ela recibe doutra. Vid. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. permutatio. Cfr. supra s.v. carta10. Trocar, "et que o posades tẽer et vsar et pesuýr et dar et doar et trocar et cõcanbear, vender et enpenar et faser del et en el toda vosa voõtade (...) et prometo et outorgo nõ varyar nẽ rreuocar esta dita doaçó" 42.35 (1445); "acontesçendo de algũa de nós, as ditas partes, ou súas voses, querer vender, trocar ou cõcanbear ou traspasar en algũa maneira este dito aforamẽto ou parte del, que o nõ posa faser" 51.49 (1463); "nẽ vosas et súas vozes e herdeyros nõ posades vender, trocar nẽ allear este sobredito foro que vos así fago (...) sen que primeyramẽte lo fagades saber a mỉ" 66.62 (1497). Troquar, "nõ os deuedes vender nẽ sopenorar nẽ eallear nẽ troquar nẽ poer nẽ trasmudar en outra pesoa algũa nẽ em home que seja de outra rrelegiõ" 10.78 (1390); "et se per abentura queserdes vender ou enpenorar ou troquar ou cãbear ou poer ou trasmudar este dito aforamento em outras personas, que ante que o façades, que o façades saber a nós" 10.87 (1390).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{trocar}
.- TROCAR (2116b: 1495): 1338 "uenderem trocarem feyrarem" (Desc. Portug. 53.18); 1341 "uender ou trocar ou doar" (id. 76.11).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
trocar
v. tr. v. tr. "Trocar, permutar unha cousa por outra".
____Inf. Inf. trocar (11): "para vender, enpenar, trocar e cãbiar" 497, 715, 725, 858, 925, 960, 1008, 1073, 1221, 1328, 1572.
____ De orixe incerta. Corominas pensa que é a mesma palabra, con sentido máis primitivo, có cat. e oc. trucar 'golpear, chocar', polo choque ou apretón de mans simbólico no momento de concluír un trato ou un troco; sería, pois, de orixe onomatopeica (DCECH s.v.). Desde 1338 en textos portugueses (Lorenzo Cronologia s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL