venda uẽda uenda benda
| subst. |
subst. 'acción e efecto de vender'; 'contrato en virtude do cal se transfire a dominio alleo unha cousa propia polo prezo pactado'. Venda, "et essta carta et venda que ffique ffirme et valla" 6.23 (1373); "todabía esta carta et venda ffique firme et aia vigor et ffirmiduẽ" 9.35 (1385); "vendo para senpre firmemente et outorgo en venda pura, libre et saan, para todo senpre, por jur de herdade" 13.8 (1395); "para senpre firmemẽte et outorgo en venda pura, libre et saan, para todo senpre" 15.11 (1395); "vendo et firmemẽte outorgo em venda pura et lyure et sãa para todo senpre" 19.6 (1398); "rreçebido em mỉ a dita venda et rremataçõ da medade da dita casa" 24.108 (1407); 24.124 (1407); 43.12 (1447); 43.17 (1447). Uẽda, "se uos algẽ da nosa parte ou da estrãya cõtra esta carta et uẽda pasar ou for ou uẽer, quenquer que for peyte a uós (...) a pena do dobro dos sobreditos dineiros" 2.31 (1341); 4.29 (1343); "et esta carta et uẽda fique firme et valla para senpre" 4.30 (1343); 5.27 (1345). Uenda, "uendo et fyrmamente outorgo en uenda pura, lyure et sãa para todo senpre" 8.10 (1381); "outorgo esta uenda et cousas sobreditas ẽna maneyra et condjsõ que as uós, (...) outorgades" 8.55 (1381). |
____ | |
Carta de venda, 'escritura pública na que se vende algunha cousa'. Venda, "Et por seer çerto outorgey esta carta de venda ante o notario so escripto" 12.28 (1394); "en vosas voses o pono et rremouo et traspaso por esta presente carta de venda, et demais vos dou et outorgo poder conprido" 13.43 (1395); "todavía esta carta de venda et o cõtiúdo en ela fique firme et valla" 13.56 (1395); "porlla dita carta de venda así ffeyta porllo dito Afomso Monyz, notario" 14.25 (1395); "traspaso per esta presente carta de venda" 15.41 (1395); "todavía esta carta de venda et o cõtiúdo en ela ffique firme et valla" 15.52 (1395). Hai 59 ocorrencias con esta grafía vid. listado s.v. venda. Uenda, "traspaso per esta presente carta de uenda" 8.41 (1381); "esta carta de uenda fique fyrme et ualla en súa rreuor" 8.53 (1381). Benda, "et ẽna dita uosa moller (...) o poño et rremouo et traspaso por esta presente carta de benda" 16.32 (1397); "esta carta de benda et cousas en ela contiúdas fique firmes et ballã" 16.35 (1397); 17.38 (1397). Para maior información sobre o relativo á venda, véxase s.v. carta1. |