TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Inicio

Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega
IP: Xavier Gómez Guinovart
http://webs.uvigo.es/talga/

O Grupo TALG da Universidade de Vigo está especializado no campo das tecnoloxías da lingua galega desde a área de Humanidades e Ciencias Sociais. Os obxectivos científicos xerais do Grupo TALG son a investigación, o desenvolvemento, a innovación e a difusión de tecnoloxías e aplicacións lingüísticas centradas na lingua galega; a constitución, procesamento e explotación de bancos de datos textuais, léxicos, neolóxicos e terminolóxicos; e a elaboración de recursos, ferramentas e aplicacións de enxeñaría lingüística para a lingua galega.  

 

O Grupo TALG está formado principalmente por persoal investigador e docente adscrito aos Departamentos de Tradución e Lingüística e de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo. Dos 15 membros do grupo, 7 son doutores con vinculación estable ao centro (1 como CAT-EU e 6 como TIT-UN), outros 3 posúen vinculación contractual coa Universidade de Vigo como PDI neses departamentos e outros 5 son doutorandos con suficiencia investigadora. Como conxunto, os integrantes do Grupo TALG posúen 20 anos de experiencia na creación de recursos para a lingua galega e no seu procesamento lingüístico, con resultados obxectivos demostrables e maioritariamente públicos, dispoñibles a través da súa web (http://webs.uvigo.es/talga/). Nestes 20 anos de traballo, os membros do Grupo TALG adquiriron experiencia e coñecementos tanto no desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías lingüísticas, coma na execución e gestión de proxectos de I+D+i con financiamento público e privado, tras participar en diversos proxectos de I+D autonómicos e estatatais, e numerosos contratos de I+D ou convenios de transferencia con empresas do sector informático, editorial e educativo.

Membros

Con data 1 de setembro de 2016, participarán na rede os 7 seguintes investigadores do grupo:

  • Alberto Álvarez Lugrís (TIT-UN)
  • Xosé Antonio Fernández Salgado (TIT-UN)
  • Xavier Gómez Guinovart (TIT-UN)
  • Xosé María Gómez Clemente (TIT-UN)
  • Alexandre Rodriguez Guerra (TIT-UN)
  • Xosé Soto Andión (TIT-UN)
  • Miguel Anxo Solla Portela (Persoal contratado de investigación).