GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0153

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/16

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission05
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicA gastronomía
Number of words257
Number of lemmas144
Lexical density56
Number of sentences7
Average of words per sentence36.71
Number of words in the longest sentence66
Number of words in the shortest sentence17
Number of paragraphs4
Average of sentences per paragraph1.75

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A gastronomía e a cociña adaptáronse (tal e como se fixerono en todos os ámbitos vitais, incluso nós) aos novos cambios e posibilidades que nos abre o mundo de hoxe en día.

Nestos tempos temos robots cociñeiros, dez restaurantes na rúa do noso piso e programas na televisión (case a todas horas) acerca do tema gastronómico. Sinceiramente, véxoo normal, poucas cousas hai máis importantes no mundo que a comida, algo indispensable para vivir e que nos permite coñecer a xente nova ou facer unha reunión familiar. É un mundo que da cartos, e todo o que os produzca é benvido nesta sociedade capitalista.

Pero creo que o cambio gastronómico vai ser máis duradeiro que o que se deu noutros campos (como a explosión do Rock n' Roll ou o heavy movemento hippie) creo opino que non ten nada de moda pasaxeira; principalmente porque as receitas sempre foron algo ligado e identificado a pasar de nais/pais - a - fillos/fillas, polo que se se van cambiando a mellor supoño que se transmitirán no tempo. Por outro lado creo que ás veces lévase demasiado ata o extremo a modernización gastronómica, creo que a ningún de nós nos gusta ir a un restaurante 'chic', pedir un plato de oito palabras (recomendado pola casa), e acabar comendo tres anaquiños de carne con patacas igualiño que o preparaba a túa avóa (aínda que moito menos rico).

Polo que, en resumo, temos que estar abertos aos novos m cambios e modernizarnos, pero nunca en exceso, non debemos perder os nosos valores e características; debemos sintetizar modernidade e tradición.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXTMulti-token Annotation