Na parte superior da folla de buscas hai unha barra que permanece sempre na páxina e na que figuran os elementos que son operativos no proceso de solicitude e de devolución de información. Uns permiten escoller entre distintas modalidade de busca, outros permiten realizar restricións de fontes textuais na procura, outros permiten unha utilización enriquecida dos caracteres na liña de busca e, finalmente, outros permiten modular a devolución dos resultados.
Esta área da barra inclúe tres elementos:
Ten forma de campo e ten por título Texto. Nela introdúcense, desde o teclado ou desde a liña de caracteres especiais (ver máis abaixo), as formas que interesa procurar.
O feito de non estar aínda lematizado o TMILG e a existencia dun alto grao de variación gráfica nos textos medievais fai imprescindible dispoñer da opción de tratamento conxunto de certas grafías nas buscas. Deste xeito facilítase unha recuperación menos fragmentaria da información textual. Na liña de "Asociacións", que figura xusto enriba da liña de buscas ("Texto"), inclúense cos seus correspondentes botóns as asociacións gráficas contempladas, que se poden activar ou desactivar premendo sobre os botóns. A seguinte táboa recolle o seu inventario coas correspondentes especificacións:
botón | asociación | descrición | |
---|---|---|---|
1 | ~ | <a / á / â / ã ...> | Acentos e nasalidade nas vogais |
2 | τ | <e / τ> | Signo tironiano e vogal <e> |
3 | i | <i / j / y / h> | Grafías de /i/ |
4 | u | <u / v> | Grafías de /u/ e de /v/ |
5 | g | <g / j / i> | Grafías da fricativa palatal sonora |
6 | k | <c / qu / q> | Grafías de /k/ [incompatible con 8] |
7 | s | <s / ſ / σ / ʢ> | Tipos de <s> e <z> visigótico |
8 | ts | <c / ç> | Grafías de /ts/ [incompatible con 6] |
9 | X | <b / bb, c / cc, d / dd ...> | Non xeminado / xeminado [consoantes] |
10 | M | <a / A, b / B ...> | minúscula / maiúscula [vogais e consoantes] |
Por defecto o sistema ten activadas as asociacións 1 (acentos e nasalidade nas vogais) e 10 (minúscula / maiúscula).
A edición de textos medievais comporta o manexo de caracteres especiais e de diacríticos que non están contemplados nos teclados dos computadores. Por tal motivo incluíuse unha liña de teclado específica ("Teclado") desde a que se poden introducir estes caracteres e diacríticos na liña de busca.
Os elementos incluídos son:
tecla | descrición |
---|---|
τ | Signo tironiano (e, et) |
ſ | "Ese" alto |
σ | "Ese" sigmático |
ʢ | "Zeta" visigótico |
ñ | "Eñe" |
ç | "Cedilla" |
~ | Til de nasalidade |
^ | Acento circunflexo |
A introdución destas unidades na liña de busca realízase premendo na tecla correspondente. No caso dos diacríticos (til de nasalidade e acento circunflexo) hai que marcar primeiro a letra sobre a que se quere poñer e premer a continuación sobre a tecla do til ou do acento.
O til de nasalidade admíteno todas as vogais (maiúsculas e minúsculas) e as letras <j>, <y>, <v> e <m>. No caso das letras <j> e <m> o que se visualiza é < ˜j > e < ˜m >, tanto na liña de busca como nos textos devoltos. Con <j> non é operativo o acento agudo, polo que á hora de facer as buscas haberá que teclear <´j> na liña de comanda para recuperar os casos de <j> con este acento.
É equivalente a un OR lóxico. Busca oracións que conteñan calquera (unha, todas ou varias) das palabras ou cadeas con comodíns que se escriban.
Exemplo: dent* sobr* → dent, dentada, dente, denteira, dentença, dentender, dentero, dentes, dentiins, dentr, dentra, dentrada, dentranbas, dentrar, dentre, dentrellos, dentrelos, dentro, dentroydo, dentus, sobr, sobra, sobraçados, sobraçou, sobrada, sobradada, sobradadas, sobradeo, sobradicto, sobrado, sobrados, sobral, sobranças, sobrançelhas, sobrancelhas, sobrar, sobrare, sobraren, sobrasen ...
É equivalente a un AND lóxico. Busca oracións que conteñan no seu ámbito todas as palabras que se escriban, independentemente da súa posición relativa (non necesariamente contiguas). Neste modo de busca non son operativos os comodíns.
Exemplo: Vaasco deus notario → [Esto es ho das clausulas da manda de Vaasco Pardo notario, que deus aia ... (s.d. [BMSEH])].
Busca oracións que conteñan exactamente -e nesa mesma orde- as palabras solicitadas (palabras contiguas nunha mesma oración). Neste modo de busca non son operativos os comodíns.
Exemplo: qualquer ome leygo → [...por ende estabelecemos en esta lee que qualquer ome leygo ou de orden, ó de linage ... (1200-1230 [FX])].
Pódese empregar calquera operador booleano habitual para obter as oracións nas que se verifique a expresión escrita. Os operadores poden escribirse tanto en maiúscula como en minúscula. Úsanse as parénteses para o aniñamento de operadores. Neste modo de busca non son operativos os comodíns.
Exemplo: pena AND veyra - [A grandes vozes lhi dix' eu, hu se hya: | que vus direy a [D]on [F]ernan de [M]eyra | desse sinal? ou é de pena veyra | de como é feyt[o] a [J]ohan d' [A][m]bia? (LP, Pero Garcia Burgalês)].
Exemplo: omee OR ome OR home OR omme - [E mando que ninguno home de miña parte nen de outra straya nen seya poderoso de vir contra esta miña manda nen dea desfazer nen dea forzar. (1266 [GHCD]). // Pedro Oarez seu ome [...] (1267 [MSCDR]) // Garçia Peres de Ribela scudeiro [...] morador en Codeiro et Johan Vidal omme do dito Garçia Peres, et Afonso Martin alfayate morador en Ourense (1361 [CDMO]) // combateron a torre bella con Roy de Caldellas et con Johán de Canba et outro omee (1455 [VFD])].
Exemplo: (notario OR notarjo) AND (publico OR pubrico) - [Et eu Lourenço Fernandes notario pubrico del Rey en Millmanda et en seu alffoz saquei esta carta do registro das notas de Johan Peres notario de Milmanda, que foy, et en presença de min a fiz escriuir et este sinal y fize en testimoio de verdade que es tal (+). (1268 [PRMF])].
Exemplo: SIZE(17) → descaudeladamente, desembargadamente, desgradeçéulleslo, perteesçentemente, perteescentemente, subçessibilemente ...
Exemplo: NEAR(certo,sufiçiente,2) - [et outorgo por meu çerto et sufiçiente procurador Affonso (1336 [FDUSC])].
Exemplo: NEAR(notario,publico,4) - [... uiren como en presensa de min Affonso Eanes publico notario iurado dado do bispo ... pideme ende a min notario sobredito un protesto en testemoyo de uerdade et dillo feyto ... (1262 [CDMACM])].
É posible realizar restricións de dous tipos:
O sector esquerdo da barra ocúpano tres campos de selección que lle permiten ao usuario limitar a súa procura a unhas determinadas tipoloxías textuais e aos distintos grupos de obras que responden a tales características. Eses tres campos interactúan entre si e permiten ir restrinxindo, conxuntamente ou por separado, o repertorio de obras disponibles para a busca, en función da opción seleccionada en cada un deles. O primeiro deses campos (Xénero) ofrece dúas opcións, Prosa e Verso. No segundo campo (Subxénero) pódese escoller entre os diversos subxéneros prosísticos (prosa literaria, histórica, técnica, notarial...) e versificados (lírica profana e relixiosa -mariana-). Finalmente, no campo Obra agrúpase a totalidade dos textos e coleccións consultables a través do TMILG.
Este sector de campos atópase á dereita do anterior e permite establecer procuras por rangos de anos, seleccionando un terminus post quem (subventá Desde) e un terminus ante quem (subventá Ata). O usuario pode recorrer tamén á opción Sen data para incluír ou non nos resultados os exemplos que comparezan en obras ou pezas documentais para as cales se carece de datación.
Na parte superior dereita da barra hai dous campos que permiten escoller a ordenación e o tamaño das series de exemplos que devolve a aplicación no módulo Concordancias.
(a) Ordenación: pódese establecer tomando como criterio a data (por defecto), a obra, a palabra devolta (columna central) ou o lugar.
(b) Tamaño das series: pódese escoller entre series de 25, 50, 75 e 100 exemplos por páxina. Por defecto a aplicación devolve series de 100.
Os resultados que devolve o buscador poden visualizarse en cinco follas que se agrupan en tres grandes bloques.
É a resposta da aplicación cando se preme o boton Buscar. Consiste nunha lista encolumnada das formas que responden ao perfil da busca proposta. Distínguense dous sectores nas columnas: o primeiro para as formas con inicial minúscula e o segundo para as formas con inicial maiúscula. En cada sector as formas preséntanse ordenadas alfabeticamente. Nesta listaxe aparecen seleccionadas por defecto todas as formas, mais o usuario pode descartar aquelas que non lle interesen calcando no cadro de selección. Desde esta pantalla pódese acceder a tres das outras catro follas de resultados (Tipoloxía textual, Formas e Concordancias).
Nel ofrécese un primeiro balance cuantitativo das formas seleccionadas polo usuario. Accédese desde o módulo Listaxe.
Consiste nunha táboa cuantitativa co número total de casos distribuídos por tipoloxía e subtipoloxía textual (eixo de abscisas) e por séculos (eixo de ordenadas). Desde ela, o usuario pode ir a Formas ou a Concordancias. No segundo caso pódeo facer premendo directamente sobre a pestana "Concordancias" (devolve todos os casos), premendo sobre o número da táboa correspondente ao total dos casos (tamén devolve todos os casos) ou premendo sobre calquera dos números correspondentes a calquera dos parciais ou subparciais da táboa (devolve só os seleccionados).
Consiste nunha táboa cuantitativa co número total de casos distribuídos por formas (eixo de abscisas) e por séculos (eixo de ordenadas). As formas en cuestión aparecen clasificadas por orde alfabética. Desde ela, o usuario pode ir a Tipoloxía textual ou a Concordancias. No segundo caso pódeo facer premendo directamente sobre a pestana "Concordancias" (devolve todos os casos), premendo sobre o número da táboa correspondente ao total dos casos (tamén devolve todos os casos) ou premendo sobre calquera dos números correspondentes a calquera dos parciais ou subparciais da táboa (devolve só os seleccionados).
Nel preséntanse os exemplos acompañados das referencias que permiten contextualizalos segundo os distintos parámetros da codificación dos textos.
Consiste nunha táboa con formato kwic na que, en distintas columnas, son presentadas as palabras buscadas no seu contexto inmediato e os valores de seis dos parámetros do etiquetario do TMILG:
Nesta folla, á que se accede desde o número de orde dos exemplos de Concordancias, ofrécese un contexto maior e a ampliación dos valores correspondentes aos parámetros do etiquetario do TMILG (engádense os seguintes parámetros: obra por extenso, volume, xénero 1, xénero 2, xénero 3, lingua orixinal –en casos de tradución, copia ou traslado– e transmisión).