versión 2.1 (2007)

Patrocinadores

Institución na que se realiza o proxecto


Instituto da Língua Galega

 

Institucións públicas que colaboran no financiamento


De forma permanente

Política Linguística Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que cobre o financiamento das colaboracións na investigación dentro do ILG desde o ano 1993 ata a actualidade (1993-1996 e 2003-2005 como Dirección Xeral de Política Lingüística [DXPL]; 2006-2007 como Secretaría Xeral de Política Lingüística [SXPL]).


De forma puntual

Centro Ramón Piñeiro O equipo do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) fixo a conversión dos textos –e da súa codificación– ao formato XML e elaborou o sistema de xestión e de consulta a través da internet da versión 1 do TMILG (ano 2004). O corpus estivo depositado no servidor deste centro desde decembro de 2004 ata setembro de 2006.

Instituto da Língua Galega Financiamento do deseño e desenvolvemento do sistema informático de xestión do corpus e do sistema de acceso desde a internet á plataforma web (ano 2007), con cargo á axuda obtida polo grupo FILGA como grupo de referencia competitiva pola súa actividade investigadora (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2006).

Instituto da Língua Galega Financiamento do proxecto “Recursos integrados para el desarrollo de tecnologías de la lengua gallega (RILG): desarrollo e integración de los recursos de ingeniería lingüística del Instituto da Lingua Galega” (HUM2006-11125-C02-02/FILO) no período 2006-2009.