logo sli

Dicionario CLUVI francés-galego

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)

Páxina inicial Consultar dicionario Fontes In English

Presentación

O Dicionario CLUVI Francés-Galego, elaborado no Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo, é unha obra con características propias dentro da tradición lexicográfica galega. En primeiro lugar, trátase dun dicionario baseado en corpus. O CLIG está baseado nun corpus representativo de textos franceses traducidos ao galego. Este corpus textual de traducións francés-galego forma parte do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI). Todas as palabras francesas que aparecen como entradas do dicionario están documentadas nos textos en francés traducidos ao galego recompilados no CLUVI. Alén diso, todas as traducións galegas que se recollen no dicionario para esas palabras son traducións reais identificadas nas versións galegas dos textos franceses incluídas no CLUVI. Para cada tradución seleccionada, o dicionario fornece un exemplo real de uso documentado no CLUVI. As persoas interesadas en consultar máis exemplos de uso dunha tradución, poden utilizar a interfaz web ao CLUVI dispoñíbel no enderezo http://ilg.usc.gal/cluvi/. Esta utilidade permite facer buscas simples e complexas (con comodíns) de palabras ailladas ou de secuencias de palabras, e observar as equivalencias plurilingües dos termos pescudados nos seus contextos de uso en traducións reais e documentadas. Nesta versión 0.7 do Dicionario CLUVI Francés-Galego (2010), formada por 2071 entradas e 4053 traducións, tentamos de introducir no Dicionario as equivalencias francés-galego máis frecuentes no CLUVI. Nas próximas versións, habemos de completar o dicionario con máis entradas e equivalencias tiradas do CLUVI.

Artigos sobre o Corpus CLUVI

Créditos

Dicionario CLUVI Francés-Galego
Xavier Gómez Guinovart (coord.)

Equipo de redacción versión 0.6 (1772 entradas, 3569 traducións), 2009 Equipo de redacción versión 0.5 (1172 entradas, 2604 traducións), 2008 Equipo de redacción versión 0.1 (284 entradas, 430 traducións), 2005

Páxina inicial Consultar dicionario Fontes In English


Seminario de Lingüística Informática (SLI), 2005-2010
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Entidades colaboradoras:

AGPTI    ATG