logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- camomile, camouflage, camp, campaign, campaigner, campfire, campground, camphor, campus, can, Canada, Canadian, canal, canalize, Canary, canasta, cancan, cancel, cancellation


can


- auxiliary verb
- NOTA 1: PAST: could. NOTA 2: Recórdese que can non ten forma de infinitivo nin participio. Xa que logo, no caso de querer empregar este verbo en futuro ou tempos perfectos debemos mudalo por be able to. EX: Currently, I am going to English lessons five times a week, so when I am 30, I will be able to speak it fluently > Na actualidade vou a clase de inglés cinco veces á semana. Así, cando teña 30 anos, saberei falalo con fluidez.
- poder

EN He could not move until the scorpion moved, and it felt for the source of the death that was coming to it.
GL Non podía moverse ata que o fixera o escorpión e este presentía de onde lle ía chega-la morte.
- Fonte: PER (91)
- saber

EN And it would never be seen; never be hung even, and there was Mr Tansley whispering in her ear, 'Women can't paint, women can't write...'.
GL Endexamais o habían ver; nin sequera o habían pendurar nunca, e alí estaba o señor Tansley a murmurarlle no oído: «As mulleres non saben pintar, as mulleres non saben escribir...».
- Fonte: CAR (607)
- dar + participio

EN For example, the final theory may very well be something like string theory, but I cannot conceive of how we will ever directly produce structures that are 17 powers of ten smaller than those probed in the laboratory today.
GL Por exemplo, é moi posible que a teoría definitiva sexa algo así como a teoría das cordas, pero non dou imaxinado cómo poderiamos producir directamente estructuras que son dez elevado a 17 menores cás descubertas no laboratorio ata o de agora.
- Fonte: C16 (495)
- []

- Normalmente, cos verbos de percepción, empregamos can nas frases interrogativas e negativas en troques do auxiliar do. EX: Can you smell the fire? > Cheiras o fume?

EN It's supposed to be religious as hell, I know, and very pretty and all, but I can't see anything religious or pretty, for God's sake, about a bunch of actors carrying crucifixes all over the stage.
GL Suponse que é moi relixioso e moi bonito e tal, pero, polo amor de Deus, a verdade é que eu non vexo nada de relixioso nin de bonito nun fato de actores levando crucifixos polo esceario.
- Fonte: VIX (4436)


- transitive verb
- enlatar

EN Canned goods were turned out that made men laugh, for canned goods on the Long Trail is a thing to dream about.
GL Sacando á vista mesmo alimentos enlatados, o que provocou a gargallada dos presentes, que nunca tal cousa viran naquelas rexións árticas.
- Fonte: CHA (939)
.....--- canned goods
- conserva

EN From candles to apples is but a step: Sally got to taking apples; then soap; then maple-sugar; then canned goods; then crockery.
GL De candeas a mazás non hai máis que un paso, e Sally acostumouse a coller mazás, logo xabón, despois azucre de pradairo, máis tarde conservas, logo louza.
- Fonte: LEG (455)


- noun
- lata

EN She shifted the can to her other hand and directed him; and, as she held out her reeking withered right hand under its fringe of shawl, he bent lower towards her, saddened and soothed by her voice.
GL A vella cambiou a lata de man para indicarlle a dirección; e, cando estendeu a man dereita, deformada e murcha, de debaixo dos frecos do manteo, Stephen inclinouse cara a ela, entristecido e sosegado pola voz da muller.
- Fonte: RET (2860)
- bidón

EN Nearby, amid the din of hammers, young metalworkers are busy recycling cans, sheets of metal and containers.
GL Un pouco máis lonxe, en medio do ruido dos martelazos, un grupo de traballadores do metal dedícanse a reciclar bidóns, chapas ou latas de conservas.
- Fonte: C13 (798)