logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- dripping, drive, drive-in, drivel, driver, driving, droll, drone, droop, drop, dropout, dross, drought, drove, drown, drowsily, drowsiness, drowsy, drubbing


drop


- noun
- gota

EN His sins trickled from his lips, one by one, trickled in shameful drops from his soul, festering and oozing like a sore, a squalid stream of vice.
GL Os seus pecados saíron pingándolle dos beizos, un a un, pingando en gotas vergoñentas que xurdían da alma, zumegando, xorrando como unha corrente de vicio ruín e chea de porcallada.
- Fonte: RET (2958)
- pinga

EN It was like a drop of silver in which one dipped and illumined the darkness of the past.
GL Era coma unha pinga prateada na que mollámo-lo pincel e coa que iluminámo-la escuridade do pasado.
- Fonte: CAR (2705)
- declive

EN It would represent, as connected with his past attitude, a drop of dignity under the shadow of which his existence could only become the most grotesques of failures.
GL Representaría, en relación coa súa actitude pasada, un declive da súa dignidade, baixo a sombra do cal a súa vida só podería converterse no máis grotesco dos fracasos.
- Fonte: BES (455)


- transitive verb
- deixar caer

EN I shone my torch on him: he hadn't got a gun; he must have dropped it when my bullet hit him.
GL Enfoqueino coa lanterna: non levaba pistola, debeu de deixala caer cando lle disparei.
- Fonte: TER (2401)
- verter

EN Monsieur Ratignolle was putting up a mixture himself, very carefully, dropping a red liquid into a tiny glass.
GL O propio Monsieur Ratignolle estaba preparando unha fórmula, con moito coidado, vertendo un líquido vermello nun vasiño.
- Fonte: ESP (3097)
.....--- to drop out
- deixar

EN Why did you drop out of the league class after the first lesson?
GL ¿Por que deixaches as clases da Liga despois da primeira lección?
- Fonte: RET (3970)
- abandonar

EN Local NGOs are concerned that children are dropping out of school and living on the streets in cities like the capital, Ulaanbaatar.
GL As ONG locais mostran inquedanza porque os nenos abandonen a escola e deambulen polas rúas de Ulaan Bataar, a capital.
- Fonte: C02 (345)
.....--- to drop in
- caer

EN His sandy hair, considerably longer than it had been when they dropped in, was lighter now; and his bare back was a mass of dark freckles and peeling sunburn.
GL O pelo cor de area, moito máis longo agora ca cando caeron, clarexáralle; o lombo espido estáballe cuberto de marxas e queimaduras de sol que pelaban.
- Fonte: SEN (1282)