GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/01

Multi-token Annotation

?

Annotations

Linguistic area

Semantics
novas formas de facer cociña e de cociñar
Annotation of multi-token units.

Cada ano aparecen novas modas que deixan as súas pegadas na sociedade. Estes últimos anos, a gastronomía tivo un gran aumento na súa popularidade grazas incluso a programas televisivos ou a persoeiros importantes que destacan no mundo da gastronomía e da cociña, pero maioritariamente podemos atribuir esta expansión á chegada ao noso país da gastronomía doutras culturas e lugares, e viceversa. Por esta razón non creo que debamos de considerar esta nova cociña que se está desenvolvendo como unha moda pasaxeira. Sempre existiu en todos os lugares unha gran cultura gastronómica e o único que aconteceu foi que este mercado cultural abriuse ao mundo por deixar entrar influencias doutras culturas. Si é verdade que dentro deste ámbito se desenvolven unhas novas formas de facer cociña e de comciñar con elementos que anteriormente non coincidían coa demanda gastronómica. Estas novas formas evolucionan día tras día e mesmo xorden outras novas ideadas por persoas ou por empresas, as cales poderíamos considerar como modas gastronómicas pasaxeiras; pero isto non quere dicir que a propia gastronomía e a cociña sexan modas da actualidade.


text view