No noso día a día, o consumismo é imprescindible xa que non estamos acostumados a aforrar e sempre queremos o máis novo. Porén, este varía segundo cal sexa a capacidade de produción.
A causa da publicidade que vemos na televisión, no móbil e ata nas rúas, en consecuencia somos moi consumistas e mercamos sempre as derradeiras tendencias. Así, seguimos as modas e mercamos roupa e cousas que en realidade non queremos.
Na actualidade, non diferenciamos entre desexo e necesidade. Polo tanto, mercamos cousas que non precisamos e que ás veces son caras, mais que non empregaremos no futuro, xa que unha vez nos cansamos delas as tiramos e mercamos outras novas.
Por outro lado, para que sexa posible este consumo masivo, a produtividade debe ser moi alta. Polo tanto, rematamos consumindo máis do que podemos producir, polo que ao final centramos a nosa produción en máis produtos de lecer e de ocio, en vez de facer traballar en produtos de maior necesidade.
En conclusión, debemos restar importancia ao consumismo e ás modas e centrarnos en gastar os nosos cartos no que sexa necesario realmente. Así, poderiíamos mellorar a situación económica da sociedade e producir bens de primeira necesidade para todos os cidadáns.