GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/14

Multi-token Annotation

?

Annotations

Linguistic area

Grammar
e e condiciona
Annotation of multi-token units.

O proceso de produción e consumición están intimamente ligados. Somos dende que nacemos consumidores, mentres que soamente temos a capacidade de producir unha pequena parte da nosa vida. A regra instaurada na sociedade fai referencia ao desexo de obter sempre o máximo beneficio.

Na sociedade actual, a produción de bens e servizos e a consumición dos mesmos, é garantizadora da nosa economía e mantén o noso sistema. A meirande parte dos traballos, están orientados a producir, e os mesmos que traballan son os que consomen o que os outros traballan. Esta relación, que mesmo semella un trabalinguas está presente no noso día a día.

O sistema de prezos está rexido porla política da oferta e a demanda e e leva condiciona a as co condicións de vida dos que estan involucrados no rexime. A idea actual de consumismo do que tanto se fala, está sempre condiciona pola capacidade adquisitiva de cadaquén e polo seu isnterese.

Aínda que este sistema semella equilibrado na teoría, na práctica deixa de selo en mais dunha ocasión. O chamativo dos anuncios e ofertas pasa por riba das nosas capacidades e aínda sendo conscientes, seguimos mercando. E diremos, quenes son os culpables? o certo, é que o máis axeitado semella ser culpar a aqueles que mercan sen percatarse da irresponsabilidade das súas accións, máis na vida real non somos máis que títeres. A actitude fráxil de seguir a un líder estase materializando e as grandes compañías e multinacionais non fan que máis que mover fíos e facer real aquela típica pregunta de "se todos se tiran por unha ponte, vas detrás?".

Deixar a un lado as tendencias e as modas semella tarefa mais que imposibel nos tempos que corren. Ao sometermonos a estándares e cánones, estamos "obrigados" a cumprir unha serie de regras non escritas, baseadas en ter a roupa de última temporada ou a última videoconsola.

Penso que, a malia ser positivo tentar disfrutar e adquirir aquilo que nos gusta, non debemos renunciar á crúa realidade e pensar, non se ese xoguete ou ese móvil está dentro das nosas capacidades adquisitivas, senón se realmente o precisamos e se realmente hai cousas de maior importancia.


text view