A día de hoxe é evidente que vivimos nunha sociedade
de consumo. Ao longo dunha xornada, principalmente a
publicidade e os medios de comunicación están a nos
bombardear con produtos que comprar, ou diferentes opcións
onde gastar os cartos.
Na actualidade, están a aparecer numerosos traballos adicados
só ao consumo que estudan e valoran os produtos onde nos que
a poboación poida gastar máis. Somos os moniqu monicreques
do sistema capitalista que nolo venden como un estado
de benestar pero non é máis que unha sociedade na
que consumir e comprar é o máis importante. O feito
de querer ter sempre o último modelo de todo, incluso aínda
que sexa peor, só polo feito de que deste xeito acadamos
maior prestixio social, provoca que nos volvamos uns materialistas.
E é precisamente isto o que buscan os productores. Estes,
evidentemente, queren crear produtos que compre a xente
para así obteren máis beneficios. pois Se ben, é certo
que non se pode vivir sen consumir, unha simple botella
de auga xa custa cartos, mais a maior parte dos produtos
que mercamos non son totalmente necesarios; mais o traballo
dos produtores é facernos crer que si, e consígueno!
Ese é o mal dos países desenvolvidos, hoxe en día non
poderiamos vivir sen móbil ou sen televisión, cando o
único que realmente precisamos é auga e comida.
Non hai moitos anos, a sociedade non era tan materialista,
mais, cos avances tecnolóxicos e coa boa resposta dos
consumidores, a produtividade medrou e mellorou. Mais, que
pasará cando se estanque? Que pasará cando se deixe
de comprar o último Iphone? Se o consumismo baixa os
produtores non terán a quen vender e a sociedade
sumirase nunha profunda crise. Porén, tendo en conta
a importancia que se lle dá ao consumo hoxe en día,
isto é moi difícil que pase.
En resumo, ao consumismo é necesario, mais deberiamos ser
menos materialistas e valorar as cousas que si merecen a
pena, e non nun produto que se renovará o mes seguinte.