GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0044

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/19

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission02
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words245
Number of lemmas115
Lexical density47
Number of sentences10
Average of words per sentence24.50
Number of words in the longest sentence32
Number of words in the shortest sentence15
Number of paragraphs5
Average of sentences per paragraph2

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

O noso modo de vida actual esta caracterizado polo capitalismo, sistema no que existe ampla liberdade de mercado e depende enormemente do consumo.

Ademais, neste sistema, toda empresa ten un obxectivo en común, que é obter o máximo beneficio posible, a través duns costes de produción baixos, que se logran coas economías de escala. Para chegar a elas é necesario producir moito, o que implica que se precisa vender. De vén a relación entre o consumo e a produción, toda empresa precisa do seu consumidor, que se compre o seu produto.

Esta relación é algo complexa, debido a que para comprar, precísanse cartos, para que haxa cartos precisamos traballar, e o traballo depende da produción que sexa necesaria.

Todo este proceso é un bucle pechado no que non pode faltar ningún elemento, porque se así fose, romperíase o ciclo, é dicir; tería lugar unha crise.

Para axudar a previr estas situacións, no capitalismo existe o coñecido xogo da oferta e da demanda, polo que se guía todo empresario ao lanzar un produto e planificar a súa produción. Ademais, todo produto pasa por diferentes etapas coñecidas como : introdución no mercado, recuperación do capital invertido, auxe e declive. Pero ben é certo que todos estes procesos dependen do éxito e do consumo, de novo.

En síntese, o sistema económico actual depende da relación produción-consumismo e oferta-demanda que debemos de planificar para obter o máximo beneficio, obxectivo do capitalismo.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXTMulti-token Annotation