CORT_0059
ABAU/2016-2017/CD03/xuño/03
Commission | 03 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía
|
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Nestes últimos anos a gastronomía e a cociña
aumentaron a súa popularidade entre a poboación.
Isto debeuse aos programas televisivos sobre
comida ou os concursos de cociña. Polo tanto,
trátase dunha moda pasaxeira, que se esquecerá
cando eses programas e concursos rematen, ao
igual que pasou fai unha década aproximadamente
coa moda de estudar periodismo. Cando lle preguntabas
a un rapaz qué quería ser cando fose maior respondíache
periodista, na actualidade esa resposta cambiou a cociñeiro.
Por outra banda, grazas a esta moda pasaxeira, moitas
persoas poden estar descubrindo a súa paixón, e grazas
a isto poden dedicarse ao que máis lles gusta.
Ademais agora a xente anímase máis a probar pratos
novos que antes non probarían, e non só do seu propio
país, se non que os proban tamén cando viaxan ao
extranxeiro. Polo tanto a cultura gastronómica vai
crecendo e enriquecéndose con novas receitas.
Polo tanto, esta moda ten unha parte positiva e unha
negativa. A positiva é o coñecemento da cultura
gastronómica a nivel mundial, que permite entender tamén
as costumes do país, e unha parte negativa que é
que ao estar tanto de moda, todo o mundo quere estudar
iso e enchen as prazas das carreiras, cursos ou ciclos,
sen ter esa paixón pola gastronomía, polo que a maioría
pode abandoar as clases sen acabar o curso, estragando
así unha praza que podía tela ocupado outra persoa
á que sí lle gustase a cociña.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT
• Multi-token Annotation