A presenza da gastronomía e a cociña na nosa sociedade
é algo que cada vez vai adquirindo máis peso,
e algo que pouco a pouco vai sendo ben acollido
nas xeracións máis novas.
Para comezar, cómpre destacar a relevancia que
ten a gastronomía dentro dunha rexión, posto que
cumpre un papel de marca de identidade, posto que
cada cultura ou rexión contan con distintos e
variados tipos de gastronomía. Ao longo dos tempos
a devoción pola gastronomía foi aumentando, impul
sada en parte polo aumento de mellores cociñeiros
así como pola mellora constante da cantidade dos
alimentos e dos pratos elaborados.
Por outro lado, a expansión da cociña é brutal,
posto que neste aspecto pódese ver unha clara evo
lución da sociedade: antes, coa cociña identificábanse
inmediatamente as mulleres; pero agora no ámbito
da cociña podemos atopar mulleres e homes por igual,
e incluso nenos.
A cociña para moitas persoas é un divertido pasatempo,
así como un modo de expresión. Este factor
impulsa por exemplo, á formación de programas
televisivos como é por exemplo "Master Chef", así
como á existencia de multitude de obradoiros de
cociña para todas as idades.
Así, considero que neste ámbito conseguimos chegar ata
este punto grazas a unha clara evolución cultural e
ao abandono de certos prexuízos.
En definitiva, esta devoción e gusto pola cociña pode
que en parte chegase como unha moda, pero
sen dúbida non como as outras, porque esta non
será unha moda pasaxeira.