GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0237

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/03

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission07
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicA gastronomía
Number of words218
Number of lemmas86
Lexical density39
Number of sentences6
Average of words per sentence36.33
Number of words in the longest sentence76
Number of words in the shortest sentence9
Number of paragraphs4
Average of sentences per paragraph1.50

View options

Text:

Show:

Tags:


A popularidade da gastronomía aumentou considerablemente estes últimos anos. Isto pode deberse á súa aparición masiva nos medios de comunicación con programas da televisión como "Master Chef" e outros tantos. Tamén pode ser pola súa relevancia no ámbito social, xa que agora non so as mulleres cociñan polo que a cociña e algo que esta relacionado con todo o mundo, polo que, se temos en conta este argumento podemos dicir que é un cambio cultural, ademáis se todo o mundo ten relación coa cociña esta pasa a ser un tema de interés xeral e se é un tema de interés xeral acada cada vez máis popularidade.

Certo é que non todo o mundo cociña pero a cociña non é, aínda que tamén pode selo en menor medida, algo lúdico senon unha necesidade, e que esta sexa unha necesidade fai que a xente, quera ou non, entre en contacto con ela e a coñeza aumentando a súa popularidade.

Volvendo á súa aparición nos medios de comunicación, pode ser que esta aparición sexa debido á súa crecente popularidade e non que a popularidade desta veña dada pola súa aparicion nos medios de comunicación.

Como conclusión dicir que o cambio é cultural xa que a cociña non é algo so de mulleres senon algo co que todos temos que nos relacionar.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXTMulti-token Annotation