A gastronomía e a cociña están en pleno auxe nestes últimos tempos.
Cada vez hai máis restaurantes con comida minimalista, cuidanse todos
os detalles e os gastrónomos disfrutan, sen ningunha dúbida, a cociña
está de moda. Non é extraño ver os restaurantes cheos a hora de comer
un sábado, ou un domingo, estase convertindo en algo habitual. AEsta situación
asemella que non só se debe a unha moda pasaxeira.
O negocio da restauración estase a desenvolver máis que nunca, o
feito é que non só de restaurantes de comida típica galega, senón
que na zona na que vivimos encontramos dende unha pizzeria, pasando
por un arxentino e ata un restaurante xaponés. Estos xa levan
implantados máis dun lustro, polo que non se debe a unha moda pasaxei
ra e si a un cambio cultural. Décadas atrás comer fora da túa propia
casa era un acto completamente aislado, pois nin a economía cho permitía
nin seestilabase facelo. Agora, os traballadores dunha empresa, na súa
hora de comer escollen unha comida tailandesa, chinesa ou rápida,
teñen multitude de opcións e nin se lles pasa pola cabeza facer nada
na casa. O tema é que a incorporación da muller o traballo a partir
dos setenta fixo que nin moitos matrimonios non podan preparar comida
para almorzar, aquí o primeiro punto. Ademais, co aperturismo de España
ao exterior e a chegada de novas culturas coa inclusión na Comunidade
Europea provocou unha riqueza cultural que desembocou polo gusto e
agrado doutras comidas co seu orixe nun país moi afastado do noso.
Moitos habitantes de esos afastados países chegan ao noso e o que
fan e montar un negocio de algo que saben facer (a súa comida tradicional)
por iso son numerosos os kebaps (turcos) os italianos ou os Mexicanos
por exemplo.
A cuestión é que as novas situacións laborables e a intromisión de
comidas que "a priori" son máis lixeiras que a nosa comitada
tradicional (caldo, lacón, porco), fan que estas asentense e teñan
negocio. Ademáis, nesta nova cultura onde inténtase viaxar máis e
disfrutar máis da vida, tamén sae a comer fora no fin de semana moito máis
que antes. Seguindo esta mesma línea, a gastronomía acadou un papel
moi importante nestes últimos anos. Eles son os xuíces da comida e
como tal, dan os seus veredictos. Un veredicto favorable deles pode ser
nova clientela ao instante no mundo interconectado no que vivimos.
Os restaurantes de comida moi seleccionada e exclusiva tamén están
nun bóo momento, pois nesta sociedade capitalista xa sexa por prestixio,
porque lles gusta ou por interés moita xente está disposta en pagar canti
dades estratosféricas por un prato, como pode ser un prato de xamón de entrada.
Sen ningunha dúbida a sociedade está a cambiar, cada vez temos máis
contacto con diversas culturas e o desenvolvemento dos smartphones
e das novas tecnoloxías fan que esta presente constantes cambios. A
intromisión de novos tipos de comida e a creciente visita a
restaurantes pola poboación non deixa de aumentar. ¿Moda pasaxeira?
Non o creo, eso si, a sociedade e a súa cultura amplíase, pero os
costumes de sempre non se perderán nunca, e teremos que contribuir
para que non se de o caso.