Actualmente, no noso día a día, o consumo esaxerado de elementos
innecesarios é desorbítado. Moitos de nós mercamos simplemente por pura
satisfación persoal, como un xeito para a de encher as nosas vidas:
mercamos un móbil novo de novísima xeración cando o noso non é que
non funcione, senón que simplemente se quedou atrais, está pasado
de moda. De xeito análogo facemos toda a nosa vida: mercamos máis
roupa porque a que temos xa non se leva ou porque simplemente
estamos fartos de vela, ademais, con novas tendas como "Primark",
que ten baixos prezos, to case toda a poboación cuns ingresos mínimos
pode permitirse un destes pequenos luxos. Dalgún xeito ou de outro,
estamos tentando mercar a felicidade, como se por ter un novo coche ou
un televisor do tamaño da pantalla dun cine nos fose arreglar a nosa
vida.
Deste xeito estamos incentivando un aumento brutal de produción que,
aínda que coas novas tecnoloxías, sproducir máis e máis barato non é un
problema, as veces supón a explotación de persoas que non teñen os
recursos suficientes para sobrevivir e que aceptan un traballo en ocasións sen
contrato, moi mal pagado, cun exceso brutal de horas... é dicir, sen as
condicións laborais que se esperarían dun empresario do S. XIX.
Pero, por desgracia, se quixésemos evitar isto... as solucións que se nos
presentarían serían pouquísimas. Os medios de produción están dominados
polos mesmos de sempre e non é sinxelo mercar cousas produtos alleos a
estas empresas porque amiúdo se nos van de precio. Así pois, aínda que
sabemos que unha leituga do mercado ou calquera outra calquer outro
vexetal é máis sano, máis ecolóxico e máis natural, compramos a leituga do
Eroski que é máis grande e sobre todo máis barata e así, cos cartos que
aforramos, mercamos un novo móbil, outro coche e, seica, se nos atopamos
nunha época de "BOOM" inmobiliario nos metemos nunha hipoteca dun piso
adquirido mediante un préstamo que non seremos capaces de devolver.